Recomendacións de lectura
Ola a tod@s!!
Para esas cartas que levan unha dirección máxica...
Para esas cartas que levan unha dirección máxica...
Mica Bigotes
Etiquetas:
Nadal,
Recomendacións de lectura
Cine
Ola a tod@s!!
Este curso argallamos unha nova actividade para despedir o trimestre: unha sesión de cine, a séptima arte. Un achegamento á gran pantalla é unha experiencia cultural que a cativada non debe perder: estimula a imaxinación e a creatividade ao tempo que favorece a aprendizaxe, tanto emocional como social.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
No Nadal, adopta un libro
Ola a tod@s!!
Como ven sendo tradicional, para estas vacacións que temos ás portas, daremos un libro en adopción. É un lote deses libros perdidos que esperan unha última oportunidade. Pode que algúns consigan atopar lectores e lectoras que os queiran e os traten co cariño que eles esperan.
Como ven sendo tradicional, para estas vacacións que temos ás portas, daremos un libro en adopción. É un lote deses libros perdidos que esperan unha última oportunidade. Pode que algúns consigan atopar lectores e lectoras que os queiran e os traten co cariño que eles esperan.
Trubincos
Ola a tod@s!!
Chega o Nadal e xa andan por aquí os Trubincos, eses trasnos que brincan por aquí e acolá mareándonos cada día. Si, si; este curso, para facerlle compaña ao Apalpador, chegaron Sefita e Severino. Para que imos querer elfos americanos, se temos trasnos de noso? E, por riba, saíronnos ben bos; disque fan falcatruadas pola noite, pero estes de Os Casais, ao máis que chegan e a andarse cambiando de sitio cada día. Sonche un amor! Miau!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Club de Lectura
Ola a tod@s!!
Na segunda sesión do Club de Lectura de persoas adultas xuntámonos para comentar a obra Carrusel, de Berta Dávila. Unha tarde ben agradable!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
O patio que queremos
Ola a tod@s!!
En colaboración coas familias, estamos inmersos no proxecto do patio. Na biblioteca contamos cunha palestra a cargo de Laura, enxeñeira agrónoma e, polo tanto, experta en parques e xardíns. Explicounos todo canto hai que ter en conta antes de poñernos a proxectar o patio e axudounos a recoller as ideas que as nenas e os nenos teñen para deseñar o seu lugar de lecer soñado.
Moitas grazas, Laura!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Etiquetas:
Lectura e familias,
patio,
proxectos
Lectura en EI
Ola a tod@s!!
Gústanos moitísimo lerlles aos nenos e nenas de Infantil. Canto gozan coas historias que contamos! Iso non quita que ter os libros nas súas propias mans e "ler" de forma directa sexa un momento que esperan con ilusión, porque é unha experiencia fascinante. Miau!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Somos contacontos
Ola a tod@s!!
As nenas e nenos maiores continúan coas súas lecturas en voz alta para Infantil.
Etiquetas:
lecturas compartidas,
somos contacontos,
voluntariado
Asemblea
Ola a tod@s!!
Voa o tempo e hai cousas que decidir. As nenas e nenos de Os Casais xuntáronse en asemblea para organizar o día da despedida antes das vacacións. Queren montar o tradicional Festival de Inverno. Ninguén dubida de que o conseguirán; sabemos que son quen de facelo.
Voa o tempo e hai cousas que decidir. As nenas e nenos de Os Casais xuntáronse en asemblea para organizar o día da despedida antes das vacacións. Queren montar o tradicional Festival de Inverno. Ninguén dubida de que o conseguirán; sabemos que son quen de facelo.
Etiquetas:
Asemblea,
Festival de Inverno,
SEM,
Somos quen
Compartindomomentos
Ola a tod@s!!
Poucas experiencias son tan gratificantes para as nenas e nenos que forman parte do voluntariado de biblioteca como esta que chamamos Compartindomentos: as visitas que facemos á Residencia de Maiores do veciño Concello de Cabanas.
Nesta ocasión, dada á altura do ano na que estamos, non compartimos lectura, senón un obradoiro de elementos decorativos de Nadal.
A incomodidade de ter que retomar as máscaras (a epidemia de gripe campa as súas anchas) non mermou para nada a alegría deste día, tanto para as persoas residentes como para nós. Se ata volvimos cuns agasallos artesanais que realizaron especialmente pensando nas nenas e nenos de Os Casais!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Etiquetas:
compartindomomentos,
Nadal,
Voluntariado de biblioteca
Asotrame
Ola a tod@s!!
O tempo vai pasando e achéganse esas datas tan especiais coas que rematamos o ano. É momento de lembrar a todas cantas persoas non poden celebralas como lles gustaría. Un pequeno xesto pode levar alegría ás súas vidas. Nós quixemos colaborar con Asotrame no seu proxecto artístico e solidario Luces de colores.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Etiquetas:
Asotrame,
Nadal,
postais,
solidariedade,
somosquen
Novidades
Ola a tod@s!!
Deixo unha imaxe da exposición de novidades de decembro. É importante poder botarlle un ollo aos libros antes de que ocupen o seu lugar nos andeis.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
3 de decembro
Ola a tod@s!!
O 3 de decembro é a data dedicada de maneira especial ás persoas con discapacidade. O grupo de voluntariado da biblioteca preparaou unha selección de libros que abordan esta temática.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)




















