Ola a tod@s!! No 8M deste curso recibimos, con moitísima alegría, a María López Seco, alumna (noutros tempos. Miau!) deste cole. Contounos a súa experiencia como graduada en Medicina, a importancia de que as mulleres esteamos en todos os ámbitos, tanto sociais como profesionais, falounos de mulleres pioneiras e da responsabilidade persoal de loitar pola nosa vocación sen ter en conta os prexuizos. Mudar as cousas cara a igualdade é un camiño que nos compete a todos; non podemos desistir, hai que andar e andar e andar pese aos muros que atopemos no camiño. Moitas grazas, María, por achegarte a estar con nós! Querémoste!
8M- Pola IGUALDADE
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes