Un ano máis celebramos o noso tradicional recital poético como homenaxe a Rosalía de Castro. De novo, sumámonos á proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. O lema escollido para este curso foi: #SaudeeTerra!
O alumnado do 3ºciclo ocupouse de ler o manifesto; as familias que compartiron con nós tan fermosa celebración, recitaron poemas da autora xunto cos seus fillos ou fillas; algunhas puxéronlles música; todos e todas cantamos a canción que o voluntariado de biblioteca preparou coa axuda da IA e entregámoslle a Rosalía o noso corazón.
E, por suposto, coma sempre, todos os nenos e nenas e todos os familiares presentes, recibiron un libro en galego e unha flor.
O Rato estaba nervioso. Eu, tamén. Foi un día intenso, pero ben bonito.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes