Manifesto pola PAZ

Ola a tod@s!!
   Hoxe realizamos un pequeno acto para conmemorar o Día da Paz que, como todos sabedes, celébrase o día 30 de xaneiro. Os nenos e nenas de 5º e 6º leron varios manifestos que prepararon para que todo o resto de alumnado comparta con eles os seus desexos de futuro e os seus compromisos pola paz. Moitas grazas, rapazada!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Os nosos expertos

Ola a tod@s!!
   Esta exposición sobre o mar está conseguindo que os nosos nenas e nenas se fagan expertos no tema. Miau!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Plan Director

Ola a tod@s!!
   Non falara aínda neste curso do Plan Director e pode que alguén pensara que neste curso non había. Si que temos Plan Director e con el as nenas e nenos maiores reflexionan e aprenden sobre igualdade, sobre o acoso escolar e sobre a necesidade de protexerse ante os riscos da Rede e de facer uso dela con responsabilidade.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Corazóns de Paz

Ola a tod@s!!
   Hoxe rematamos a actividade da Paz que realizaron os equipos de biblioteca. Vai quedar ben chulo o mural que fagamos con tan fermosos corazóns de paz.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Día da Educación

Ola a tod@s!!
   Nesta data significativa quixemos que os nenos e as nenas gozaran do que todos os nenos e nenas do mundo deberían gozar: o xogo. A estas idades ninguén debería estar traballando, tería que estar na escola ou estar xogando.
   A nosa biblioteca creativa organizou esta sesión con Brazolinda e os seus divertidos xogos de mesa artesanais en galego. Un éxtito total, como cabía esperar.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

24 de xaneiro

Ola a tod@s!!
   Un ano máis reivindicamos o dereito a unha educación de calidade para todas as persoas do mundo. Non esquezamos nunca que a educación é a maior forza transformadora. O lema que empregamos este curso foi:
Poñamos a educación no mapa
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Convivencia. Bo trato. Paz.

Ola a tod@s!!
   Continuamos co traballo dos equipos de biblioteca. Van 7; quedan outros 3. Miau!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Somos contacontos

Ola a tod@s!!
   Gústame moitísimo que veñan á biblio grandes e pequenos xuntos. Se por riba é para lerlles aos outros, aínda me gusta máis. Compartir boas lecturas non ten prezo. Miau!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Equipos de biblioteca

Ola a tod@s!!
   Hoxe empezamos unha nova actividade por equipos. Estamos en xaneiro e cómpre traballar a paz. Nesas estamos. Foron catro os equipos que realizaron hoxe o seu traballo. Ao longo da semana iremos sumando corazóns de paz. Miau!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Exposición

Ola a tod@s!!
    Hoxe quedou montada esta exposición tan chula que veu do CEIDA. Fala do mar, do noso mar, desas ribeiras nosas que tanto temos que coidar e da moita riqueza que  elas nos aportan. Canto imos aprender!
 
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Novidades

Ola a tod@s!!
   Os novos libros que, dentro de nada, van pasar aos andeis da biblio para que os poidan levar a casa, están expostos na entrada do cole. E, mentres non van para arriba, as nenas, os nenos, o Rato e máis eu, gozamos deles. Andamos folleando para ver cal nos interesa, cal é divertido, cal deles mete medo... Seguro que nos máis deles imos atopar historias que quereremos ler. E máis dunha vez!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Mochilas Viaxeiras

Ola a tod@s!!
   Novo ano, pero todo igual. Alá van as mochilas deste segundo trimestre e podedes ver con canta alegría as reciben. Marchan para a casa felices; e o Rato e máis eu quedamos na biblio contentiños coma un allo. Coma dous allos, perdón (Miau).
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes