Recomendacións de lectura

Ola a tod@s!!
  Para esas cartas que levan unha dirección máxica...

                                                                    Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Cine

Ola a tod@s!!
   Este curso argallamos unha nova actividade para despedir o trimestre: unha sesión de cine, a séptima arte. Un achegamento á gran pantalla é unha experiencia cultural que a cativada non debe perder: estimula a imaxinación e a creatividade ao tempo que favorece a aprendizaxe, tanto emocional como social.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

No Nadal, adopta un libro

Ola a tod@s!!
   Como ven sendo tradicional, para estas vacacións que temos ás portas, daremos un libro en adopción. É un lote deses libros perdidos que esperan unha última oportunidade. Pode que algúns consigan atopar lectores e lectoras que os queiran e  os traten co cariño que eles esperan. 

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Trubincos

Ola a tod@s!!
   Chega o Nadal e xa andan por aquí os Trubincos, eses trasnos que brincan por aquí e acolá mareándonos cada día. Si, si; este curso, para facerlle compaña ao Apalpador, chegaron Sefita e Severino. Para que imos querer elfos americanos, se temos trasnos de noso? E, por riba, saíronnos ben bos; disque fan falcatruadas pola noite, pero estes de Os Casais, ao máis que chegan e a andarse cambiando de sitio cada día. Sonche un amor! Miau!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Club de Lectura

Ola a tod@s!!
   Na segunda sesión do Club de Lectura de persoas adultas xuntámonos para comentar a obra Carrusel, de Berta Dávila. Unha tarde ben agradable!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

O patio que queremos

Ola a tod@s!!
   En colaboración coas familias, estamos inmersos no proxecto do patio. Na biblioteca contamos cunha palestra a cargo de Laura, enxeñeira agrónoma e, polo tanto, experta en parques e xardíns. Explicounos todo canto hai que ter en conta antes de poñernos a proxectar o patio e axudounos a recoller as  ideas que as nenas e os nenos teñen para deseñar o seu lugar de lecer soñado.
Moitas grazas, Laura!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Lectura en EI

Ola a tod@s!!
   Gústanos moitísimo lerlles aos nenos e nenas de Infantil. Canto gozan coas historias que contamos! Iso non quita que ter os libros nas súas propias mans e "ler" de forma directa sexa un momento que esperan con ilusión, porque é unha experiencia fascinante. Miau!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Somos contacontos

Ola a tod@s!!
   As nenas e nenos maiores continúan coas súas lecturas en voz alta para Infantil.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Asemblea

Ola a tod@s!!
   Voa o tempo e hai cousas que decidir. As nenas e nenos de Os Casais xuntáronse en asemblea para organizar o día da despedida antes das vacacións. Queren montar o tradicional Festival de Inverno. Ninguén dubida de que o conseguirán; sabemos que son quen de facelo.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Compartindomomentos

Ola a tod@s!!
   Poucas experiencias son tan gratificantes para as nenas e nenos que forman parte do voluntariado de biblioteca como esta que chamamos Compartindomentos: as visitas que facemos á Residencia de Maiores do veciño Concello de Cabanas.
 Nesta ocasión, dada á altura do ano na que estamos, non compartimos lectura, senón un obradoiro de elementos decorativos de Nadal. 
 A incomodidade de ter que retomar as máscaras (a epidemia de gripe campa as súas anchas) non mermou para nada a alegría deste día, tanto para as persoas residentes como para nós. Se ata volvimos cuns agasallos artesanais que realizaron especialmente pensando nas nenas e nenos de Os Casais!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Asotrame

Ola a tod@s!!
   O tempo vai pasando e achéganse esas datas tan especiais coas que rematamos o ano. É momento de lembrar a todas cantas persoas non poden celebralas como lles gustaría. Un pequeno xesto pode levar alegría ás súas vidas. Nós quixemos colaborar con Asotrame no seu proxecto artístico e solidario Luces de colores.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Novidades

Ola a tod@s!!
   Deixo unha imaxe da exposición de novidades de decembro. É importante poder botarlle un ollo aos libros antes de que ocupen o seu lugar nos andeis.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

3 de decembro

Ola a tod@s!!
   O 3 de decembro é a data dedicada de maneira especial ás persoas con discapacidade. O grupo de voluntariado da biblioteca preparaou unha selección de libros que abordan esta temática.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

25-N

Ola a tod@s!!
   Mentres non chegue o día no que, por fin, isto deixe de ser necesario, traballamos sobre a violencia de xénero. O tema proposto para este curso polas ANPAS de Ferrolterra foi: os micromachismos; esas formas e actitudes sutís da vida cotiá, que, ás veces, ata son difíciles de identificar como violencia. Mais que aí o están: mantendo un dominio masculino e un poder case invisible, colocando ás mulleres nunha posición de inferioridade.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Teatro en Narón

Ola a tod@s!!
   Os nenos e as nenas de Educación Infantil e 1ºCiclo asistiron a unha representación teatral no Auditorio de Narón. A obra foi Travesía Unicornio, da compañía Ghazafelhos. Encantoulles!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

DEREITOS DA INFANCIA

Ola a tod@s!!
   Tal como levamos facendo dende varios cursos atrás, celebramos o Día dos Dereitos da Infancia da man de Acougo. Así que, ademais de ter formación para o alumnado sobre o acollemento familiar, celebramos, un ano máis, o xa tradicional Día do Pixama.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Voluntariado

Ola a tod@s!!
   Canto traballa o alumnado voluntario de biblioteca! Acaban de preparar unha exposición de libros para traballar sobre o 25-N que o Rato e máis eu tardariamos varias horas en colocar. Atopan os libros nos andeis nun santiamén e teñen arte de sobra para colocar todo de forma armoniosa e funcional. Grazas, rapazada!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Proxecto Diversidades

Ola a tod@s!!
   Na tarde do luns celebrouse a xuntanza de clausura do Proxecto de Igualdade da ANPA, Asistiron as familias a esta última sesión de formación. Tamén foron expostos os materiais e traballos elaborados polo alumnado; unha boa parte pasarán a formar parte dos fondos da biblioteca. Este curso a temática no que se centrou o proxecto, como sabedes, foi a diversidade.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Xornadas de Bibliotecas

Ola a tod@s!!
   O sábado pasado dous membros do equipo de biblioteca desprazáronse a Santiago de Compostela para participar nas Xornadas de Bibliotecas Escolares. É un gran esforzo dedicar parte da fin de semana a isto, mais sempre vale a pena.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Novembro: mes da ciencia en galego

Ola a tod@s!!
  A ciencia é divertida. Non é maxia, pero segue a ser divertida. Comprobárono aqueles e aquelas que foron ao CIS, na Cabana, e tamén os e as que quedaron no cole e realizaron experimentos máis caseiros, menos espectaculares, pero igualmente divertidos. En galego, claro! Ou é que a galega non é unha lingua científica? Miau! Que cousas!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Outono

Ola a tod@s!!
   Grazas, familias, polas vosas aportacións para o noso Enrédate coas estacións de outono.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Lectura e familias

Ola a tod@s!!
   Xa sabedes canto nos gusta que as familias veñan compartir con nós tempo de lectura. Desta vez, non foi posible facelo na biblio, porque coincidía con outras actividades. Pero tanto ten, gozar, gozamos moitísimo igualmente e máis escoitamos cousas moi interesantes de Uxío Novoneyra, o gran poeta do Courel.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Semana da Tradición oral

Ola a tod@s!!
   Para celebrar a Semana da Tradición oral contamos, de novo, coa colaboración desinteresada de Gisela, quen veu contarlles aos nosos pequerrechos e pequerrechas canta riqueza cultural temos en Galicia agochada no cotiá, nas casas, no día a día. 
   Poñer en valor e transmitir estes bens inmateriais é responsabilidade de todos e todas.
Moitas grazas, Gisela.

        
E, para os cursos superiores, contamos co obradoiro do CEIDA Canta o cuco.
A través de cantigas e poesía oral do cancioneiro galego, achegámonos á sociedade rural de hai décadas e tamén á natureza e o seu estado de conservación.
Resultou ser un obradoiro fantástico, no que a rapazada creou e cantou as súas propias coplas.

No seguinte enlace podedes escoitar a Mariña, cantando unha das coplas que inventaron.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Lecturas tenebrosas

Ola a tod@s!!
   Sempre temos, co magosto, os colares de zonchos e a diversión da aula do medo, un anaquiño de tempo para dedicar ao que tanto nos gusta: a lectura. Que ben o pasamos toda a mañá! Quen dixo medo?
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Achégase o Samaín

Ola a tod@s!!
   O mes de outubro está a piques de rematar e iso significa que o Samaín está próximo. Por iso, practicando a CDU, os nenos e nenas de Primaria buscaron na biblio libros de medo cos que montar unha exposición. Desta maneira van coñecendo algúns que, se cadra, andaban perdidos polos andeis sen que ninguén se acordara deles. Co que lles gustan! Miau!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Somos contacontos

Ola a tod@s!!
   Hoxe, por primeira vez neste curso, as nenas e nenos de Infantil tiveron uns contacontos moi especiais. Breixo e María viñeron lerlles "Orellas de bolboreta". Gustoulles moitísimo, e iso que coñecen de sobra a historia de Mara! Ao Rato Gordecho e a min estes momentos de lectura compartida parecennos deses que hai que gardar na memoria si ou si. Miau!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ola a tod@s!!
   A clase de 2º de Primaria xa pasou pola exposición das novidades. Sei de boa tinta que algúns dos libros gustáronlles moito e teñen moitas ganas de que chegue o día de levalos emprestados para a súa casa. Seguro que se poñerán tan contentos como o día no que Elizabeth e Julia saíron coas súas Mochilas Viaxeiras. Miau!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Novidades

Ola a tod@s!!
   Por fin están expostas as novidades de outubro, despois de moito rexistrar, etiquetar, clasificar e cuñar. O Rato e máis eu traballamos arreo, mais non demos rematado antes. 
   Temos que dicir que a meirande parte destes novos fondos proveñen de doazóns. De novo, o noso agradecemento para todas aquelas persoas que queren aos nosos nenos e nenas e á súa biblioteca.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Parabens!

Ola a tod@s!!
   Hoxe, Día das Escritoras, o Equipo nº7  conseguiu realizar a actividade que tiñamos preparada na biblioteca sen erro ningún. Non se trataba de competición ningunha, claro está, pero son igualmente merecedores de recibir os nosos parabéns. Ben feito! En hora boa! 
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Equipos

Ola a tod@s!!
   Estreamos algúns dos equipos interniveis deste curso 25-26. Gústalles moitísimo realizar actividades xuntos. Nesta ocasión, actividades de FU sobre a autora que amadriña á biblio: Paula Carballeira.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Voluntariado

Ola a tod@s!!
   Polo de agora de forma oficiosa, pero contamos cun bo número de nenos e nenas (e falta Mariña!) dispostos a formar parte do voluntariado de biblioteca. Canto é de agradecer!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Recreos

Ola a tod@s!!
   A proba de canto gozan na súa querida biblioteca é o gran número de nenos e nenas que elixen este espazo para o seu tempo de lecer e tamén o esforzo que fan para deixar todo ben recollido para non dificultar o bo funcionamento da mesma.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Mochilas Viaxeiras

Ola a tod@s!!
   Se hai alegría co inicio do servizo de préstamo, o entusiasmo e aínda máis grande coa saída das primeiras mochilas. 



Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

DiversIDADES

Ola a tod@s!!
  
    Hoxe iniciamos con Atalaias o programa coeducativo DiversIDADES, organizado pola ANPA Río de Va e que  conta coa axuda da Xunta de Galicia para Actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres.
   Este curso abordaremos a coeducación sexual integral, poñendo o foco na diversidade de corpos, familias e desexos; fomentando relacións de respecto e igualdade de oportunidades ante esa enriquecedora diversidad
                                   
                                    Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Primeiros préstamos

Ola a tod@s!!
   Ver a ilusión coa que levan o primeiro libro da biblio no inicio de cada curso non ten prezo.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Caixón de xastre

   Recomendacións de lectura para o verán

Premio IIIConcurso Somos Rural
Non podiamos rematar o curso de mellor maneira!
O noso proxecto foi o gañador.
(E van dúas veces!!! Miau!!!)

Grazas, familias!

Recibimos o diploma de Teachers for Future como recoñecemento ao traballo que os nenos e as nenas fan durante todo o curso.

Igualdade
Finalmente tivemos a sorte de que o noso centro fora incluído no programa
 Cinema con perspectiva.


Voluntariado
Canto traballiño fixeron este ano...


Aula hospitalaria
O conto que fixeron os nenos e nenas de Educación Infantil está xa na aula hospitalaria.
Esperamos que lles guste moito, porque fixémolo con moito cariño.
Pasaportes Solidarios
Recibimos os diplomas dos nosos Pasaportes Solidarios, que acreditan o traballo voluntario e solidario que realizamos durante todo o ano.

Teatro
Que ben o pasamos nesta función!

O lobo
   Neste obradoiro aprendimos moitísimas cousas sobre o lobo e outros carnívoros.
E fixemos manualidades ben chulas!


Outdoor Classrom Day
Os beneficios que aporta o contacto coa natureza son incuestionables. O tempo pasado ao aire libre repercute de maneira positiva no noso benestar, tanto físico como emocional.

Letras Galegas 2025


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes