25-N

Ola a tod@s!!
   Sobran as palabras. Non vemos o día no que, por fin, esta data quede relegada ao pasado, polo feito de que a súa reivindicación quede totalmente obsoleta por ter desaparecido o grave problema que a motiva. Desgraciadamente, ese soño parece estar aínda lonxe. É necesario seguir, perseverar, insistir e confiar no feito de que a educación é a máis potente forza transformadora.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Ficción dixital

Ola a tod@s!!
   Continuamos cos obradoiros de Ficción Dixital, que imparte o profe Jesús. Esta semana tocoulle a 3º de Primaria. Descubriron xogos novos, diferentes, en nada parecidos aos que tanto éxito teñen por aí. 
Xogos aos que paga a pena xogar. Miau!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Mes da ciencia en galego

Ola a tod@s!!
    Os nosos pequenos, pero experimentados, científicos e científicas, demostráronnos que a ciencia é divertida. Parece maxia, pero non é tal. Miau!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Teatro

Ola a tod@s!!
   Este mércores o alumnado de Infantil e do 1ºCiclo desprazouse a Narón para asistir á función teatral  A nena e o grilo. Gustoulles moito. E ás profes, tamén. Miau!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

20-N Día dos dereitos da infancia

Ola a tod@s!!
   Hoxe, 20 de Novembro, celebramos o Día dos Dereitos da Infancia e a Adolescencia. Dende varios anos atrás, nesta data lembramos que un dos dereitos (non sempre cuberto adecuadamente) que todos os nenos e nenas teñen é o de medrar en familia. Por iso, sumámonos á iniciativa do Día do Pixama, para visibilizar a importancia do acollemento familiar.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Grazas, profe Ruth

Ola a tod@s!!
   Estes días é a profe Ruth a que está indo a ler polas aulas. Coma sempre, á rapazada faille moita ilusión e é recibida con alegría.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Sábado intenso

Ola a tod@s!!
   O sábado dous profes do equipo de biblioteca asistiron ás Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia, celebradas en Compostela. Foi un día esgotador, pero fructífero. As longas horas de mañá e tarde ofreceron interesantes experiencias doutros centros, agradables reflexións de autores como Manuel Núñez Singala ou a nosa querida madriña Paula Carballeira, brindáronnos o descubrimento da talentosa Rosalía Fernández Rial e, entre outras cousas, gozar das experiencias teatrais co alumnado do sempre xenial Xurxo Souto.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Solidariedade

Ola a tod@s!!
   As bibliotecas escolares son viveiros de cidadanía. 
Sementar solidariedade é de xustiza. 
Grazas a tod@s!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Outdoor Day

Ola a tod@s!!
   Por fin este ano o veraniño de San Martiño do que estamos a gozar, permitiunos celebrar o Outdoor Classroom Day no mesmo día da convocatoria oficial. 



Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Somos contacontos

Ola a tod@s!!
   É bonito ver canto gozan con estes momentos compartidos de lectura. E non vaiades pensar que Gael e Martín foron os primeiros que leron. Que va! O que pasa é o de sempre: a saber onde ten agochadas as fotos o Rato!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Nós tamén contamos

Ola a tod@s!!
    Como lle gusta á nosa rapazada que vaian as profes a ler ás súas aulas!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes