Máis Rosalía

Ola a tod@s!!


 
 
  
  
       
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

23-F

Ola a tod@s!!
   O venres celebramos a nosa pequena homenaxe a Rosalía de Castro. Recibimos ás familias que viñeron ler xunto cos seus fillos, fillas ou netos. Realizamos unha ofrenda floral con aqueles elementos vexetais que comunmente aparecen  na obra rosaliana. Recitamos os seus poemas... E, como non, levamos un libro e unha flor.
      Coma sempre, curso tras curso, é un dos días preferidos na nosa biblioteca.

#oamordapatriagalega
#_rdc2024




Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

A escoitar!

Ola a tod@s!!
   Podedes escoitar o testamento de D.Pachorro na voz das nenas e dos nenos de 5º e  6º.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

LUUUME!!!

Ola a tod@s!!
   O tempo non acompañou na celebración do Entroido e, por iso, o meco Don Pachorro, coa súa mala vida, tivo unha prórroga. Mais, con tanto sedentarismo, tarde ou cedo tiñar que ir...
   Ademais, a tradición obriga: o seu destino era o lume. Sen remedio.
   Aquí vos deixo o seu testamento, do que se ocupou, con simpatía e bo humor, a rapazada do 3ºCiclo.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Día Mundial da Radio

Ola a tod@s!!
   Hoxe, 13 de febreiro, é o Día Mundial da Radio, data na que é importante reivindicar a radio como o que é: unha potente ferramenta pedagóxica para que a rapazada desenvolva a súa competencia oral e comunicativa.
   Nesta data tan especial queremos facer mención á nosa participación no programa en directo que Radio Fene emitiu dende a escola de Limodre.  Este programa forma parte do proxecto Onda ODS no que participan, entre outras, as emisoras locais galegas co obxectivo de dar a coñecer e concienciar á cidadanía sobre os retos da Axenda 2030.
    Aí estivo o alumnado do CEIPP Os Casais ao completo, comentando algunhas das actividades que fan e están relacionadas cos ODS e falando da relevancia que teñen as pequenas accións que cada un de nós fai ou deixa de facer.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

11-F

Ola a tod@s!!
   Como o día 11 vou ter a biblioteca pechada, porque o rato e máis eu imos entroidar por aí, ocupeime de que hoxe alguén viñera cos nenos e as nenas para  realizar actividades relacionadas co Día Internacional da Muller e a Nena na ciencia.
   Pasárono xenial! E resolveron todas as probas rapidísimamente. O rato non daba creto! Pensaba que ese crebacabezas que preparamos coas científicas das nosas mochilas non o ían dar feito case, case, se me descoidas, nin @s maiores. Xa, xa... Non sabe el o espelido que é o noso alumnado. (Miau!)


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Profe Lorena

Ola a tod@s!!
   Aquí deixo unha desas fotos que tiña agochadas o Rato Gordecho. A profe Lorena foi ler, un día, de sorpresa, á clase de 1º. Non é fácil para ela deixar o despacho, con tanto papeleo como ten que facer, pero alá foi. Que alegría levaron os seus "ex"!!!
 

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Cita a cegas

Ola a tod@s!!
   Pola Candeloria tocou a nosa xa tradicional "Cita a cegas". El@s non o sabían, pero todos os libros eran de BD. Este ano non podía ser doutro xeito! 

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Decálogo para medrar en paz

Ola a tod@s!!
   Enviamos por avión as nosas mensaxes pola paz e tamén construímos un decálogo para medrar en paz.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Amicos

Ola a tod@s!!
   A Asociación Amicos, de Boiro, ocúpase de apoiar a persoas con discapacidade. Este curso, participamos na súa iniciativa pola paz.

 
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes