Con todas as pombiñas que compartiron creamos o mural da paz deste 2024:
FU pola paz
Ola a tod@s!!
Os nosos equipos realizaron unha actividade de formación de usuari@s como primeiro paso para preparar o Día da Paz. Fixérono moi ben. Conseguiron pombiñas para compartir e un cartel para aprender a vivir en paz. Cada día desenvólvense mellor na biblio e gozan moitísimo do traballo en grupo.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Etiquetas:
día da paz,
equipos interniveis,
FU
Que alegría!
Ola a tod@s!!
Canto nos presta que veñan á biblio as nosas mamás!!!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Día Internacional da Educación
Ola a tod@s!!
Como cada 24 de xaneiro dende hai seis anos, celebramos o Día Internacional da Educación. Non pode ser que millóns de nenos e nenas non poidan ir á escola. É preciso reinvidicar unha educación de calidade, equitativa e xusta para todos.
A educación é a principal forza transformadora para acadar unha cultura de paz, de respecto polos dereitos humanos e o desenvolvemento sostible. É fundamental fomentar unha aprendizaxe para a paz, con valores, actitudes, competencias e comportamentos que fagan de cada un de nós un axente de paz.
Etiquetas:
Cadeira Vermella,
Día da Educación,
paz
Ola a tod@s!!
Unha das fotos que tiña agochada Rato Gordecho é esta do diploma que nos mandara Global Humanitaria. Como neste momento estamos coa preparación do programa de radio sobre os ODS que imos gravar con Radio Fene, pareceume boa idea recuperar esta imaxe de primeira.
Etiquetas:
diplomas,
Global Humanitaria,
Mariola,
solidariedade,
Somos quen
Mochilas Viaxeiras
Ola a tod@s!!
Como vedes, seguen saíndo as Mochilas Viaxeiras. Nalgunha clase están xa a piques de rematar a súa andaina. Seguramente teremos que preparar unhas novas para facer outra ronda, vista a alegría coa que as reciben, tanto ten que sexan as de lectura ou as do espazo fedelleiro. Que ben!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Etiquetas:
Lectura e familias,
Mochilas viaxeiras
Encontros con Esccritores
Ola a tod@s!!
Esta fotografía é do xoves, 11 de xaneiro. É do Ciclo Encontros con Escritores que, dende hai 12 anos, organizan o CFR e a UNED de A Coruña.
Aí temos á nosa madriña, a simpática e polifacética artista Paula Carballeira.
Esta fotografía é do xoves, 11 de xaneiro. É do Ciclo Encontros con Escritores que, dende hai 12 anos, organizan o CFR e a UNED de A Coruña.
Como non podía ser doutro xeito, Paula Carballeira recibiu a felicitación pola obtención do Premio Nacional de Teatro do ano 2023.
Entre o público asistente estaba un membro do noso equipo de biblioteca, aplaudindo ben forte no nome de todos.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Outra vez!!!
Ola a tod@s!!
Que pasou, preguntades? Pois pasou o de sempre!
Todos os anos igual... E eu pico sempre, como unha inxenua.
Por iso estaba tan enfadada onte; co Rato, polas trasnadas que fai sen parar e comigo, porque pasan os cursos e faime isto sempre, sempre, sempre e nunca me entero ata que pasan unha morea de meses.
Non sabedes de que falo? De que vou falar? Da manía que ten o Rato Gordecho de agochar as fotos. Xa irei poñendo algunhas das que atopei. Hai cousas ata dos primeiros días do curso!!! Xa veredes.
Pero que saibades que o enfado xa me pasou. Como non ía ser así, se o Rato e máis eu somos os mellores amigos de todo o mundo mundial!!! Miau!!!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Votación Entroido
Ola a tod@s!!
Onte, venres 12 de xaneiro, empezáronse a quentar os motores para celebrar o Entroido. Fíxose a votación para escoller a temática. De entre as cinco propostas das aulas (Entroido tradicional galego, animais, emojis, signos do zodiaco e deportes) a opción máis votada (37 votos) foi a última. Así que, o Rato e máis eu ímonos poñer a pensar de que vir: esgrima, atletismo, natación, halterofilia, remo... Non sei... hai tanto onde elixir...
Concurso escolar ONCE
Ola a tod@s!!
Un ano máis, estamos participando no Concurso Once, que é un programa de concienciación educativa sobre a inclusión. Vai xa pola súa 40 edición. O CEIPP Os Casais leva participando moitos anos, pero non tantos! Serán uns 12 ou 13... Pero non son poucos. Ademáis, recibimos varios premios, tanto provinciais como autonómicos, proba de que tomamos moi en serio este traballo. Isto é así porque somos conscientes da importancia da inclusión e do camiño que ainda queda por percorrer.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Etiquetas:
Concurso ONCE,
inclusión,
videoxogos
Proxecto Universo
Ola a tod@s!!
Na aula de EI están un pouco tristes porque xa non ven Irene, a profe en prácticas que nos acompañou durante o primeiro trimestre. Quédanos o mural do proxecto Universo que fixeron con ela. O Rato e máis eu estamos tamén aí, viaxando polo espazo na nosa propia nave. Grazas, Irene. Querémoste!
Nós tamén contamos
Ola a tod@s!!
Aquí vai unha foto da actividade Nós tamén contamos. No mes de xaneiro é a profe Lorena quen vai ler a todos os cursos.
Como lles gusta aos nenos e nenas que vaian ler a súa clase!
Reciben a todas as profes cunha alegría tremenda. O Rato está marabillado de tanto como nos queremos... ou iso di... como se el non o soubera de sobras de toda a vida. Éche do que non hai!
Augas de Galicia
Ola a tod@s!!
Coma sempre, a nosa biblioteca activa dende primeiro día. Onte, primeiro día lectivo de 2024 recibimos a unha científica da entidade pública Augas de Galicia, que veu facer un obradoiro co alumnado de 1º e 2º, dentro da Campaña de concienciación en áreas con risco potencial e significativo de inundación. Falounos do ciclo da auga, o dano causado por especies foráneas como o eucalipto, do perigo de non respetar os límites das concas fluviais... Foi todo moi intereseante, e divertido!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Etiquetas:
charlas,
medio ambiente,
obradoiros
Benvido 2024!
Ola a tod@s!!
Por fin estades de volta! Canto vos botei en falta! Mirade cantos libros novos teño preparados para vós! Pasade pola exposición, xa veredes como ides atopar libros chulis, chulis de verdade!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)