Lendo, lendo...

Ola a tod@s!!
   Seguimos. Lendo ata o último día. Neste cole le todo o mundo e a todas horas: nenos, nenas, profes, familias, ratos e gatas (Miau!)

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Correlingua

Ola a tod@s!!
   Aí estivemos, coma sempre. A causa ben o merece, ou non? E, por riba, pasámolo pipa, con tan boa actuación musical. Encántanos Peter Punk!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Letras Galegas 2023

Ola a tod@s!!
   Por fin! Había no cole moitas ganas de que o Día das Letras Galegas volvera a ser o noso "día grande". E, finalmente, así foi: neste 2023 recuperamos a nosa pequena foliada no bosque.
   Había nervios (que o Rato e mais eu ben que nos decatamos) porque, unha vez que se perden as rutinas parece que un non sabe por onde anda, e as profes tiñan un pouco de medo de non ter todo preparado cando chegase o día. Pero non, foi unha xornada estupenda: unha xornada de convivencia coas familias, de alegría, de música, de cultura, de homenaxe aos nosos autores e autoras, con Francisco Fernández del Riego de homenaxeado principal, claro!..
   Todo a alumnado bailou a nova canción das Tanxugueiras (Aire) e o alumnado de 6º representeou a obra de Eva Mejuto "As cousas de don Paco" en formato radiofónico. Estivo xenial! 
   Un gran día!
Grazas, familias!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

O Pote

Ola a tod@s!!
   A asociación O Pote convidounos a celebrar a festa dos maios con eles. Fíxonos moitísima ilusión, despois de estes anos que pasamos sen poder achegarnos ata alí e compartir con elas este día. Vivimos unha mañá estupenda: unha boa camiñada, a fermosa paisaxe de Maniños, os cabalos que vimos, o fermoso traballo que realizamos, as coplas tradicionais que cantamos, a gran merendola, a boa compañía... Todo de 10. O tempo de dez non foi, pero ainda tivemos sorte, que foi aguantando; e chover, choveu cando nós estabamos a cuberto.
Bonito día!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Robótica en 2º

Ola a tod@s!!
   O que ten este Rato agochado! Atopei tamén algunhas fotos da clase de 2º no espazo maker. A saber cantas máis ten! Vedes canto aprenden coa robótica? Encántalles subir e aprender xogando. A quen non?


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Segundo

Ola a tod@s!!
   Todiñas ás da poesía tiña metidas o Rato Gordecho no seu caixón. Miau! Seguro que as que faltan as vai ter agochadas el tamén por algún sitio. Este rato...!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Poemas, poemas...

Ola a tod@s!!
   Máis cousas do caixón: a fermosa porta da aula de 3º e 4º, cun poema de Antonio García Teijeiro.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Poesía

Ola a tod@s!!
   Outra foto recuperada do caixón do Rato Gordecho! (Ese caixón é coma un caixón de xastre). Podedes ver algúns dos poemas aportados polas familias no mes de marzo para o noso mural Enrédate coas estacións.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

O coelliño branco

Ola a tod@s!!
   Aí seguen os nosos contacontos! Desta vez, foron Martiño e Lara os que viñeron ler á biblioteca para as nenas e nenos de Infantil. Moitas grazas!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Coidado do medio

Ola a tod@s!!
  O xoves, a clase de Jesús baixou ata a Confraría. Estiveron moi atent@s a todas cantas cousas viron e a todo o que lles contaron. Non perderon detalle das condicións deplorables nas que se atopa a ría. Despois déronlle unha batida á ribeira. Quitaron un montón de lixo!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Ponte nas ondas

Ola a tod@s!!
   O Rato acaba de achegarme esta foto do día que tivemos o obradoiro de radio de Ponte nas Ondas. E xa choveu! Verdade? Como é, non hai rato máis trasno que este rato noso. Ai, Rato Gordecho, cantas nos fas pasar... 


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ola a tod@s!!
   Isto é Galicia! E chove. Por iso, A Gran Lectura que é como chamamos aos apa-amadriñamentos lectores do Día do Libro, tiveron que ser adiados. Pero, finalmente, celebrámolos o venres. Coma sempre, foi lindo ver a todo o alumnado lendo xunto, despois de tanto tempiño como houbo que deixar de facer isto así.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes