Pouco, pouquiño

Ola a tod@s!!
   Si, si... pouco, pouco,pouquiño de todo é o tempo que resta para chegar ás vacacións. Sei que tedes moitas ganas de que cheguen; pero tamén sei que non ides olvidarvos da lectura. Se é que ides ter un montón de tempo para ler! Así que, como tamén estou segura que os estades desexando, deixo aquí algunhas recomendacións para acabar ben este ano e comezar o próximo aínda mellor. 

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
                        

 As bibliotecas de Galicia despedimos con pesar a Miguel Ángel López González, El Hematocrítico. Mestre, humorista, youtuber..., escritor. Con nós, para sempre, quedan as súas obras, para que as nenas e os nenos galegos gocen cos seus personaxes e as súas historias e soñen con todas aquelas que quedaron por escribir.

Mica Bigotes


25-N

Ola a tod@s!!
   O SOS Silencioso; iso foi o que aprendimos este ano da man da Federación de ANPAS de Ferroltera. Hai que loitar con forza contra esta terrible lacra social. 


               
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ola a tod@s!!
   Penso que aínda non amosara o bonita que está a nosa rede das estacións...
Preciosa, verdade?


Grazas, familias, por seres tan colaboradoras.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
20-N. Día dos dereitos da infancia.
Un ano máis, sumámonos a actividade da asociación Acougo:

DÍA DO PIXAMA

Con este xesto apoiamos a importante labor das familias de acollida e lembramos a todos eses nenos e nenas que viven en centros de acollida, recordando que vivir nun fogar cunha familia é un dereito e como tal aparece na Convención de los Derechos del Niño (1989).

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ola a tod@s!!
   Este curso, o lema das bibliotecas escolares de Galicia é: Unha biblioteca escolar en viñetas, e quere poñer o foco na importancia do cómic na formación do itinerario lector, o cómic como un lugar no que encontrarse.

 
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ola a tod@s!!
   Hoxe levamos unha alegría. Tivemos unha sorpresa na biblio: veu ler para nós a mamá de Teo Antón. Canto nos gusta recibir ás familias!


Moitas grazas!!!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ola a tod@s!!
   Este curso temos pouco alumnado voluntario. Está claro que o futbol é un contrincante difícil de superar. Éche o que hai! (Miau...) É unha mágoa, máis as nenas que se apuntaron teñen moitas ganas. Da gusto contar con alumnas tan solidarias e traballadoras. Benvidas! Comezamos!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Equipos de biblioteca

Ola a tod@s!!
   Non imaxinades o contentos que estamos hoxe  o Rato e máis eu!
   Despois de tanto tempo de non poder facelo, por fin volvemos ter equipos de biblioteca interniveis. A que é fantástico?
   As nenas e os nenos gozaron moito con esta primeira actividade: formación de usuari@s para celebrar o Día das Escritoras.
   Coñeceron algunhas das escritoras galegas, pero colaborando, axudándose, aprendendo con e dos outros, coñecéndose un pouco máis e estreitando vínculos, aprendendo a ser responsables e autónomos...
 
Como para non estar contentos!!!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

E... no verán: lectura!

Ola a tod@s!!
   Isto acábase. Pero a lectura, non. Que bo momento as vacacións para gozar dun bo libro!
          

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Diplomas

Ola a tod@s!!
   Este curso está a piques de rematar. 3, 2, 1 e... xa! Quedáronme moitas cousas sen contar. Son tantas as que fan as nosas nenas e nenos que non dou atopado o momento para asomarme por aquí. E se o rato agocha as fotos (cousa que fai a cotío), peor aínda...
   Hoxe tocou repartir diplomas. A todos os cursos. Aquí vos deixo unha foto d@s maiores. Canto levan traballado este ano! E se é traballo desinteresado e solidario, mellor que mellor.
   Canto imos botar en falta e ese grupiño que marcha! Menos mal que nos deixaron a súa pegada.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Día do medio ambiente

Ola a tod@s!!
   Hoxe recibimos uns lapis moi especiais; teñen sementes de albahaca para plantar. Son un agasallo de Teachers for Future por participar no seu reto #fagamosuntrato para coidar os océanos. Traballar ben ten premio! E, de paso, conseguimos outros dous cromos para o album dos ODS!



Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Lendo, lendo...

Ola a tod@s!!
   Seguimos. Lendo ata o último día. Neste cole le todo o mundo e a todas horas: nenos, nenas, profes, familias, ratos e gatas (Miau!)

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Correlingua

Ola a tod@s!!
   Aí estivemos, coma sempre. A causa ben o merece, ou non? E, por riba, pasámolo pipa, con tan boa actuación musical. Encántanos Peter Punk!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Letras Galegas 2023

Ola a tod@s!!
   Por fin! Había no cole moitas ganas de que o Día das Letras Galegas volvera a ser o noso "día grande". E, finalmente, así foi: neste 2023 recuperamos a nosa pequena foliada no bosque.
   Había nervios (que o Rato e mais eu ben que nos decatamos) porque, unha vez que se perden as rutinas parece que un non sabe por onde anda, e as profes tiñan un pouco de medo de non ter todo preparado cando chegase o día. Pero non, foi unha xornada estupenda: unha xornada de convivencia coas familias, de alegría, de música, de cultura, de homenaxe aos nosos autores e autoras, con Francisco Fernández del Riego de homenaxeado principal, claro!..
   Todo a alumnado bailou a nova canción das Tanxugueiras (Aire) e o alumnado de 6º representeou a obra de Eva Mejuto "As cousas de don Paco" en formato radiofónico. Estivo xenial! 
   Un gran día!
Grazas, familias!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

O Pote

Ola a tod@s!!
   A asociación O Pote convidounos a celebrar a festa dos maios con eles. Fíxonos moitísima ilusión, despois de estes anos que pasamos sen poder achegarnos ata alí e compartir con elas este día. Vivimos unha mañá estupenda: unha boa camiñada, a fermosa paisaxe de Maniños, os cabalos que vimos, o fermoso traballo que realizamos, as coplas tradicionais que cantamos, a gran merendola, a boa compañía... Todo de 10. O tempo de dez non foi, pero ainda tivemos sorte, que foi aguantando; e chover, choveu cando nós estabamos a cuberto.
Bonito día!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Robótica en 2º

Ola a tod@s!!
   O que ten este Rato agochado! Atopei tamén algunhas fotos da clase de 2º no espazo maker. A saber cantas máis ten! Vedes canto aprenden coa robótica? Encántalles subir e aprender xogando. A quen non?


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Segundo

Ola a tod@s!!
   Todiñas ás da poesía tiña metidas o Rato Gordecho no seu caixón. Miau! Seguro que as que faltan as vai ter agochadas el tamén por algún sitio. Este rato...!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Poemas, poemas...

Ola a tod@s!!
   Máis cousas do caixón: a fermosa porta da aula de 3º e 4º, cun poema de Antonio García Teijeiro.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Poesía

Ola a tod@s!!
   Outra foto recuperada do caixón do Rato Gordecho! (Ese caixón é coma un caixón de xastre). Podedes ver algúns dos poemas aportados polas familias no mes de marzo para o noso mural Enrédate coas estacións.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

O coelliño branco

Ola a tod@s!!
   Aí seguen os nosos contacontos! Desta vez, foron Martiño e Lara os que viñeron ler á biblioteca para as nenas e nenos de Infantil. Moitas grazas!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Coidado do medio

Ola a tod@s!!
  O xoves, a clase de Jesús baixou ata a Confraría. Estiveron moi atent@s a todas cantas cousas viron e a todo o que lles contaron. Non perderon detalle das condicións deplorables nas que se atopa a ría. Despois déronlle unha batida á ribeira. Quitaron un montón de lixo!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Ponte nas ondas

Ola a tod@s!!
   O Rato acaba de achegarme esta foto do día que tivemos o obradoiro de radio de Ponte nas Ondas. E xa choveu! Verdade? Como é, non hai rato máis trasno que este rato noso. Ai, Rato Gordecho, cantas nos fas pasar... 


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ola a tod@s!!
   Isto é Galicia! E chove. Por iso, A Gran Lectura que é como chamamos aos apa-amadriñamentos lectores do Día do Libro, tiveron que ser adiados. Pero, finalmente, celebrámolos o venres. Coma sempre, foi lindo ver a todo o alumnado lendo xunto, despois de tanto tempiño como houbo que deixar de facer isto así.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

TEI

Ola a tod@s!!
   Non falaramos nunca de que, por fin, neste curso puidemos recuperar o TEI. Lembrades o que é? Si, a titoría entre iguais. Pois que saibades que unha das actividades que fixeron foi un apadriñamento lector. E aí estiveron e están, facendo lecturas compartidas os martes.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes