Aprender, aprender...

Ola a tod@s!!
   Hai mellor maneira de aprender que facelo xogando? Canto lles presta estar na biblio! Nestes días de choiva, tamén é un bo lugar para gozar no tempo de lecer, ou non?

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

20-N

Ola a tod@s!!
   20-N: Día dos Dereitos da Infancia; unha data para coñecer a realidade doutros nenos e nenas; para comprender que todos e todas somos importantes e que xuntos podemos crear grandes cousas.
   Todas as persoas deberiamos ter a oportunidade de ter acceso a unha educación de calidade.
   Este curso centrámonos na diversidade e na educación inclusiva.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Teatro!

Ola a tod@s!!
   A cociñeira dun barco naufraga na Illa Pequena de Plástico. Está soa, rodeada de peixes mutantes que lle advirten que son tóxicos, de paxaros que non paran de queixarse por ter comido substancias sintéticas e de verteduras que non alimentan.
   Así empeza a historia de Carabela, a obra de Galeatro á que asistiron hoxe os nenos e as nenas de Infantil e 1º Ciclo de Primaria, no Auditorio de Narón.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Alegría

Ola a tod@s!!
   A biblioteca é tamén un espazo de interacción "social". Cando @s vexo (el@s a min, non) tan felices, con tanta alegría, gozando do tempo que pasan aquí... non podo deixar de miañar de contenta (polo baixo, para que non se enteren).

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Lectura contra a violencia

Ola a tod@s!!
   Un representante de cada clase recolleu hoxe na biblioteca cadansúa Violeta e tamén un libro para ler en grupo. Un libro para ler, reflexionar, dialogar e contar despois ao resto do cole as súas experiencias, sentimentos e opinións. Faremos unha exposición coas creacións que realicen a partir destas lecturas.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Voluntariado 22-23

Ola a tod@s!!
   Esta semana empezaron a traballar @s axudantes de biblioteca. Da gusto ver con canta alegría botan unha man, coa falta que fai! A súa colaboración é inestimable.
Grazas, chic@s!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Galicia, canta

Ola a tod@s!!
   Non podemos estar máis contentos todos. Non so o Rato e máis eu, senón todos, todiños. Á nosa recollida de cantigas sumáronse persoas relevantes da música galega (Sés, Xurxo Souto, Séchu Sende, Xabier Díaz), persoas que admiramos, das que aprendemos e sírvennos de referentes. Vaia agasallo que nos fixeron cantando para nós! 

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Tradición oral

Ola a tod@s!!
   Na Semana da Literatura de Tradición Oral recopilamos cantigas populares. En Galicia contamos cun variado repertorio, de grande interese histórico, artístico e cultural e quixemos recoller unha pequena parte para que as nenas e os nenos as coñezan, gocen delas e continúen a necesaria cadea de transmisión oral.
   Contamos cun obradoiro de Airiños de Fene co que aprenderon os diferentes e curiosos instrumentos cos que se acompañaban musicalmente estas cantigas, e os diversos momentos nos que se cantaban (romarías, tempos de traballo, xogos...).


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

SEGUIMOS...

Ola a tod@s!!
   Continuamos coas sorpresas na biblio. O venres visitounos a mamá de Xoel para ler un conto á clase de Infantil. O Rato e mais eu estamos encantados de contar con tantas familias lectoras.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes