O Rato Gordecho e máis eu gozamos enormemente co alumnado do Primeiro Ciclo. Fan cousas chulísimas!
DÍAS DE RADIO
Ola a tod@s!!
O alumnado de 5º e 6º participou en cadanseu obradoiro de radio con dous grandes comunicadores das ondas galegas. Aprenderon moitísimo e gozaron un montonazo.
Aprender é divertido!!! Miau!
Xa sabiamos que a radio é unha ferramenta formidable en todos os aspectos, e da gusto ver como cada vez as nenas e os nenos están máis motivados. Engancha!
Mochila nº15
Ola a tod@s!!
Hoxe saiu por vez primeira a Mochila nº15. Contén materiais do 3ºCiclo. Ampliamos con ela a nosa oferta de mochilas viaxeiras. Non está nada mal o número, tendo en conta que dan servizo a menos de 60 alumn@s.

Moitas grazas, familias!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
MURAL
Ola a tod@s!!
Que traballos marabillosos é posible facer cando colaboramos e participamos tod@s. Á vista está.
SEMILLEIROS
Ola a tod@s!!
Non hai maneira máis fermosa de aprender a coidar á Natureza que metendo as mans na terra, queréndoa, vendo como medran as plantas e as flores, gozando co seu coidado, dedicándolle tempo e cariño. Nesas están. E ben se ve que é unha das actividades na que poñen agarimo, entusiasmo e alegría. E canto relaxa!

RECORDO
Ola a tod@s!!
Rato Gordecho acaba de pasarme esta foto que tiña agochada. Éche un traste, xa sabedes; pasa a vida facéndome trasnadas.
Non importa. Así lembro outra vez aquel día. As nenas e nenos de 5º puxéronse moi content@s co merecido agasallo que recibiron.
Ben que o gañaron por facer o video do Día Internacional da Educación.
Ademáis, como non lles vai gustar recibir libros!!!
Se as nenas e os nenos de Os Casais son os meus e as miñas lector@s favorit@s!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Theatre
Ola a tod@s!!
Hoxe as nenas e os nenos de 3º, 4º, 5º e 6º gozaron dun achegamento á "normalidade". Tivemos teatro en inglés! Houbo que facer tres pases diferentes, en lugar de estar tod@s xunt@s, divertíndonos e aprendendo. Pero imos pouco a pouco saindo dese furado que tan tristes nos tiña.
Pasárono en grande!!!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ben!!!
Ola a tod@s!!
Que vos dicía onte? Hoxe da gusto; o cole cheo, ruído, risas, xogos, lectura...
AUSENCIA
Ola a tod@s!!
Morro coas ganas de que chegue mañá! Non imaxinades canto me tarda que estean aquí outra vez todos os nenos e nenas. Ata voto en falta ás profesoras e profesores! E iso que so foron 5 días... Miau!
O Rato anda liado todo o día coas toupas e eu percorro o cole de arriba para abaixo, de abaixo para arriba, pero atopo moito silencio de máis. Faltádesme!
Ainss! Quero volver a ter bonitas escenas como esta todos os días:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)