Our amazing forest
One of the highlights of our school is our amazing forest! The kids can run freely with plenty of space. As part of a classification project, the kids had to explore the forest and find things such as acorns, leaves and pine cones. We then took everything back to the classroom and they had to separate them accordingly.
OUTONO?
Ola a tod@s!!
Ben sei que o outono vai aló, mais aínda non amosara nada de tantas cousas fermosas como fixeron @s nos@s artistas.
NON
International Day for the Elimination of Violence against Women 2021 is Thursday, November 25. Reports show that since the pandemic, violence against women and girls has increased. The color purple is used to represent support for this day. The children collected leaves from our forest and are painting them purple, then hanging them in the school to show their support.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Chega o Apalpador
Ola a tod@s!!
Así de content@s remataron o trimestre. Segue a ser duro, pero estes nenos e nenas viven o día a día con alegría. Como ten que ser.
Se o Rato non me incordia moito irei poñendo, durante as vacacións, outras cousiñas que fixeron neste tempo que levamos de curso, para que poidades ver canto traballaron e o moito que lles gusta (como non!) a miña- nosa- vosa biblioteca.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Adopta un libro
Ola a tod@s!!
Todo preparado para que, mañá, como non se poden levar libros para regalar, sexades vós @s que adoptedes este ano, meus nenos, miñas nenas.
O Rato e máis eu temos moitas ganas de que vos gusten este libros que decidimos salvar da desaparición definitiva.
Queredes adoptalos?
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
LECTURA PARA AS VACACIÓNS
Ola a tod@s!!
Aquí vos deixo algunhas lecturas posibles para estas vacacións que están a piques de empezar. Xa sabedes, estas ou outras, pero non olvidedes ler, que os tempos son bos para iso.
Seguro que máis dun libro aparecerá envolto en papel de regalo. Que sorte!
(Picade en cada imaxe para ver os documentos en pdf)
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
LECTURA
Ola a tod@s!!
Como me presta ver o que gozan cos libros cando veñen á biblioteca!
Nunca me ven, pero dende o meu agocho eu non paro de miral@s. Non saben el@s o feliz que me fan. E ao Rato tamén, que é un trasno, xa sabedes, pero encántalle á lectura.
INVERNO
Ola a tod@s!!
Cantas cousas van pasar nestes poucos días que quedan antes das vacacións!!!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Nós tamén contamos
Ola a tod@s!!
Canto se botan en falta os "apamadriñamentos". As nenas e os nenos non poden ir polas outras clases a ler. É unha mágoa. Menos mal que @s prof@s si. E canto gozan @s pequerech@s cos contos! E @s menos pequerrech@s tamén!!!
Grazas, profe Jesús!
5-D
Ola a tod@s!!
O 5 de decembro é o Día Internacional do Voluntariado. Como non lembrar tanto como traballan @s nos@s voluntari@s de biblioteca! Non pasa día sen que Rato Gordecho diga: Ai, Mica, e como habíamos facer con tanta etiqueta se non axudaran os nenos e as nenas? E ten moita razón, porque o traballiño que temos neste curso... Miau!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
DÍA MUNDIAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
Ola a tod@s!!
O 3 de decembro celébrase o Día Mundial das persoas con discapacidade. Nós sumámonos á iniciativa "Baixo o mesmo paraugas" para reivindicar a INCLUSIÓN.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Voluntari@s
Ola a tod@s!!
Preséntovos ao segundo grupo de voluntariado de biblioteca. Traballo en equipo, colaborar, cooperar, axudar, compartir, altruísmo, solidariedade, compañeirismo, gratuidade, participación... todo iso dan e todo iso aprenden.
Moitas grazas a tod@s!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Nós tamén contamos
Ola a tod@s!!
Neste cole gústanos moitísimo ler. A tod@s. Se as lecturas son compartidas, aínda nos gustan máis. Por iso, el@s, @s prof@s, "tamén contan".
Neste cole gústanos moitísimo ler. A tod@s. Se as lecturas son compartidas, aínda nos gustan máis. Por iso, el@s, @s prof@s, "tamén contan".
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)