Somos quen

Ola a tod@s!!
   Aquí tedes o video do I Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global. Aí estamos nós. Non gañamos, non; pero so o feito de estar é importantísimo. Non credes? O Rato e máis eu, pensamos que sí.
Vós sodes quen de cambiar o mundo!!!

 

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Premio da ONCE

Ola a tod@s!!

Gústame moitísimo vel@s así de content@s!
Cando o motivo é a recepción dun agasallo como recoñecemento ao traballo ben feito, imaxinade o contenta que estarei eu tamén. 
Son unha gata feliz! 
Este alumnado noso non nos da máis que alegrías!!!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ola a tod@s!!
   Unha vez máis o CFR Ferrol compartiu nas súas redes sociais novas sobre o nosos proxectos. Neste caso é o proxecto SemGal da clase de 3º e 4º.
   O día 16 fixéranse eco do gran traballo radiofónico realizado en 5º para o 37ConcursoEscolarONCE. Antes, acordáranse tamén d@s profes.

     

Grazas, CFR, por poñer en valor e difundir o noso traballo.
 Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ola a tod@s!!

Lembrades a nosa cadeira vermella?
Este ano está "aparcada" na biblio, porque non se pode andar con ela de aquí para alá. Xa sabedes por que...
   Pero espero que lembrades tamén que significa que defendemos o 

                              DEREITO Á EDUCACIÓN.

   Todos os nenos e nenas do mundo deberían poder ir á escola, verdade? Non está nada ben que non sexa así. E, por iso, cada ano, nesta semana de abril celébrase a:

                         SAME
                                   SEMANA DE ACCIÓN MUNDIAL POLA EDUCACIÓN



 Coma sempre, nós tamén participamos, alzando a nosa voz pola educación.

 


      GRAZAS A TOD@S!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Fini lendo para nós

Ola a tod@s!!
   Este ano tivemos que suspender os apadriñamentos. Todos? Nooon! Un reducto invencible négase a que sea así. Temos os vídeos cos contos das nenas e os nenos de 6º! E seguimos contando coas profes!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

O monstro das cores

Ola a tod@s!!

Para o Día do Libro deste curso tan especial as mestras e o mestre do cole escolleron a obra O monstro das cores, porque saben o importante que é identificar como nos sentimos para poder xestinar as nosas emocións. Enfado, calma, medo, tranquilidade, amor, alegría... ás veces temos todo tan liado que somos un verdadeiro caos, no que mellor será poñer un pouco de orde.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Día do Libro 2021

Ola a tod@s!!
   Grazas á colaboración das familias contamos con este fermoso vídeo cheo dos libros favoritos das nenas e nenos de Os Casais, para festexar a data de hoxe, tan especial para os libros e a lectura.

   

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ola a tod@s!!

           
  
  Teríanos gustado moito poder ir coa Asociación Betula a facer unha limpeza voluntaria do río de Vaa como fixemos outros anos, pero neste, como todo ten que ser de "andar por casa", quedamos no cole e démoslle un repaso ao bosque. Non pensedes que non está limpo, que de cotío coidámolo ben, que o queremos moito. Pero sempre hai cousas que retirar: aquelas que caen ou quedan perdidas, pequenos papeis e plásticos que traen o vento ou os paxaros, restos de traballos esquecidos... Algo sempre hai! 
  Grazas, nenas e nenos de os Casais!
O rato e máis eu estamos moi sorprendidos de tanto como apañáchedes. Quedounos moi claro que sabedes ben o importante que é coidar a natureza.



Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Contacontos Suso

Ola a tod@s!!



Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

El@s len... nós lemos...

Ola a tod@s!!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Libros e lectura

Ola a tod@s!!
   Como se nota que abril é o mes do libro, verdade?
    Canto gozamos coa lectura!!!

 

Grazas, Mario!!!

  Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Encontros PLAMBE 21

Ola a tod@s!!

   Na tarde de onte e hoxe tiveron lugar os Encontros do Plan de mellora das Bibliotecas Escolares. 
   Tal como corresponde a estes tempos que corren, celebráronse de forma telemática. Esta circunstancia supón perder a tan necesaria e estimulante presencia de tantas e tantas persoas que traballan nas bibliotecas e coas que compartir e intercambiar experiencias e opinións. Tamén problemas e dificultades.
   Pese a todo, non deixaron de ser magníficos e unha nova oportunidade para recabar ideas, coller folgos, aprender e entusiasmarse.
   Se a organización deu as grazas ao remate dos encontros, este agradecemento non pode máis que ir de volta. Ademais, en maiúsculas.



GRACIÑAS

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Grazas, grazas!!!

Ola a tod@s!!
   Canto lles están a gustar os contos  dos voluntarios e voluntarias maiores!  
    

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

ESCORNABOTS

Ola a tod@s!!
   Xa ía ben de tempo dende a última vez que as nenas e nenos de 1º e 2º non usaban os escornabots. Encantoulles volver traballar con eles.
   E o mellor de todo é que as plantillas que usaron hoxe fixéronas @s voluntari@s de biblioteca especialmente para el@s.
   Facer equipo, compartir,
colaborar, ser solidario... e todo respectando as aulas-burbulla.
   Que orgullosa estou do alumnado de Os Casais!!!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

@s prof@s tamén lemos

Ola a tod@s!!
   No noso cole lemos moito tod@s. O profesorado ao completo participa na actividade da biblio Nós tamén contamos. Hoxe, a profe Lorena compartiu lectura coa clase de 3º e 4º.
   Grazas, profe!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

MES DO LIBRO

Ola a tod@s!!
   Haberá mellor maneira que ler para celebrar este mes do libro? Si, claro que a hai: lendo para outr@s. 
   Non podemos facer os nosos tradicionais "apamadriñamentos", pero @s nen@s máis maiores non quixeron deixar de compartir lectura cos nenos e coas nenas máis pequen@s. Normal! Por algo son contacontos... 
                                         


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Camiño Inglés

Ola a tod@s!!
   Hoxe recibiron as súas frechicompostelas as nenas e os nenos de 5º, tras realizar o Camiño virtual proposto pola Federación de Asociacións de Nais e Pais de alumn@s de  Ferrolterra "Concepción Arenal".
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

A Xacia

Ola a tod@s!!
 
 
   Lembrades canto gozamos cos nenos e coas nenas de 1º e 2º cando recitaron o  texto de Anxo Moure?
  Díxome o Rato que mellor aínda o pasaron el@s; gustoulles moito, disque.  E debe de ser así, porque mirade que fermosos debuxos fixeron da xacia.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes


Voluntariado

Ola a tod@s!!

   Pero que grandes sodes tod@s!!!
Canto axudades, altruistamente, perdendo tempo de lecer, aprendendo que, colaborando tod@s, as cousas son máis fáciles e mellores, participando dun esforzo común e sentíndo que sodes integrantes dun todo, integrantes da comunidade educativa de Os Casais, que é pequena, pero moi grande. 

    Moitas grazas, chic@s!!!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Pasou un ano...

Ola a tod@s!!
   Pasou un ano, si. Un ano dende aquel tempo que pasamos Rato Gordecho e máis eu aquí soíños con todo o cole para nós. Canto argallamos para pasar o tempo!!! Lembro que cantamos, bailamos, fixemos bricolaxe, papiroflexia, pasteis, experimentos... de todo fixemos para non nos aburrir. 
   Tamén lembro o mal que o pasamos exprimindo os miolos pensando en como ocuparnos dos libros e a lectura tendo aos nenos e as nenas tan lonxe. Pero, coma sempre, aí estaban as marabillosas familias de Os Casais para tirar do carro.
      Hai pouco chegou ao cole unha carta da Real Academia Galega felicitándonos pola nosa participación na Primavera das Letras 2020. Sempre o mérito máis grande e das nenas e dos nenos, pero, desta vez, temos que recoñecer que non tería sido posible  celebrar un tal fermoso Día das Letras Galegas sen as familias.

Moitas grazas a tod@s!!!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes