Moitas das cousas que van aparecendo son do Día de Rosalía. Canto traballaron en todas as clases! É, sen dúbida ningunha, un dos días grandes da nosa biblioteca e iste ano non podía ser menos. Foi moi diferente, si, pero ben vin que para tod@s foi un día moi especial.
As nenas e os nenos de Os Casais conseguiron que esta celebración fose grande e emotiva!
Agora que non hai ninguén por aquí co que entreterme, pensei en rebuscar esas cousas que andan perdidas polos andeis e polos caixóns e ainda non vos amosei. A que é boa idea? Así, de paso, vexo aos meus nenos e ás miñas nenas, aos que tanto boto de menos, nestes días de vacacións.
A ver se o Rato me deixa, xa sabedes que é un pouco trasniño e pillabán.
Para empezar: a actividade de expresión corporal coa que as nenas e nenos de 3º e 4º participaron na iniciativa proposta pola AELG para o Día de Rosalía. Precioso, verdade?
Boa idea a que tiveron en 5º: dedicar este día da poesía a algo tan noso como a vaca. Non hai moito tempo que convivían con todos nós. Rubia, Xuvenca, Linda... vacas da casa que eran como un máis da familia.
Penso que, aínda que xa vai aló moito tempo, non vos amosara como as nenas e os nenos de 3º e 4º celebraron este ano o Día de Rosalía. Aí vai unha primeira parte.
As nenas e nenos da clase de 6º recibiron cadanseu diploma por ter completado o Escape Room do Camiño Inglés, organizado pola Fanpa Ferrolterra Concepción Arenal para este ano Xacobeo 2021.
Con este tempo primaveral é unha delicia poder aprender, investigar, descubrir, explorar... fóra das catro paredes da clase. Canto gozan tod@s das aulas do bosque!!!
O rato e máis eu, tamén. Caseque nunca nos ven, pero sempre andamos por aí... Miau!
Hoxe tivemos un día moi especial; de novo o espazo exterior do noso cole, tan magnífico, permitiunos gozar e aprender na natureza e sobre a natureza.
Identificamos diferentes plantas aromáticas que podemos ter na casa, na horta ou mesmo na cociña, prantamos xirasoles e construímos un hotel de insectos para o bosque!!!
Estamos desexando poder observar o bicherío que se vai instalar nel.
Vaia lugar fantástico para ler, non credes? E con este tempo marabilloso! Que sorte temos de contar con tan magnífico bosque!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ola a tod@s!!
Aquí vos deixo o anuncio radiofónico premiado. É o da clase de 5º. Podería ter sido 6º, que tamén participou, mais non foi. Nin importa. Estamos todos e todas igual de contentos e sentimos o premio como noso. Ainda que o mérito é del@s, claro está (e do profe Jesús).
Parabéns!!!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ola a tod@s!!
Hoxe saimos na prensa coa boa nova do premio que vimos de gañar. Aí estamos: CEIP Plurilingüe Os Casais.
PLURILINGÜE non o pon, pero lembrade que o cole de Maniños é un centro plurilingüe!!!
No Día de Rosalía veunos visitar un moucho, ese animal que tanto sabe, porque observa. Así contóunolo a tod@s, o ano pasado, cando o confinamento, a nosa querida madriña Paula Carballeira. E así cantaron, con Rosalía e para Rosalía, @s nos@s pequerrech@s.
Penso que non amosara aínda todo canto fixeron os nosos nenos e nenas para celebrar o Día de Rosalía deste ano "tan especial"; así que, aí vai unha mostra.
O venres, 5 de marzo, as nenas e nenos de 6º de Primaria participaron nas actividades online do Programa ADA, que ten como obxectivo promover o interés das nenas nas ramas tecnolóxicas de estudo.
O fío conductor deste programa é a vida de Ada Byron, a primeira programadora do mundo.
Vaia sorte tivemos de seren admitid@s!
Non era nada fácil, tendo en conta que é un programa a nivel estatal. Está claro que souberon valorar os méritos que o noso alumnado leva colleitado ao longo dos anos.
Traballar ben é o que ten: ten premio. O gran premio é a satisfacción do traballo ben feito e tanto como se aprende polo camiño. Mais, desta vez, esta gata que vos fala non puido conter as ganar de agasallar a estes nenos e nenas que incluiron a biblioteca (que é a miña casa -e a do Rato Gordecho tamén) no seu marabilloso proxecto de reducción de ruído.