Adopta un libro
Ola a tod@s!!
Coma sempre, queremos darlles unha segunda oportunidade a eses libros que van quedando sen función na nosa biblio.
Pero desta vez non será posible que adopte todo o alumnado. Así que, o Rato e máis eu seleccionamos algúns libros para que participen as voluntarias e voluntarios de 5º e 6º. Grazas por esa nova vida que ides regalar a tan fermosos textos.
(Estou sen máscara porque toda a fin de semana non houbo ninguén comigo. O Rato marchou polo bosque adiante e aínda non deu sinais de vida. Debeu comezar as vacacións pola súa conta...)
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Xa temos logo!
Ola a tod@s!!
Hoxe realizamos a votación telemática para rematar o Concurso de Logos para Radio Mica, que quedara na súa última fase aló polo mes de marzo. Por que sería?
Xa temos logo!!!
O próximo día contareivos quen o autor ou autora, que eses datos tenos o Rato e agora mesmo non sei por onde anda...
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Mochilas que rulan
Ola a tod@s!!
No mes de setembro case todo parecía imposible. Pero non é así. Hai que facer moitos cambios, adaptarse e asumir novas maneiras; pero, con ganas e ilusión, todo se consigue.
As mochilas viaxeiras están todas en circulación.
Así de contento posa Daniel coa máis especial: aquela dedicada á nosa querida e admirada madriña.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Aquí están
Ola a tod@s!!
Pois aquí tedes a dous. Contra vento e marea; adaptándose ás normas novas; pero dispostos a axudar.
Coma sempre.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
DÍA DO VOLUNTARIADO
Neste día do voluntariado quero dar as grazas a todas as nenas e nenos de Os Casais por tantas accións solidarias nas que colaboran.
Especialmente dou as grazas a todas as persoas que pasaron polo Voluntariado de Biblioteca; ás de antes e ás de agora.
Moitas grazas! Vós "sodes quen".
EDUCANDO PARA TRANSFORMAR
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
3 de Decembro
Ola a tod@s!!
Aquí deixo unha mostra do día de hoxe: Concienciando cara á inclusión. Non é mais que unha pequena mostra, porque foi moito o traballo que fixeron.
O meu corazón de gata solidaria latexa forte con tantas alegrías e satisfaccións como me dan os nosos nenos e nenas cada día.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)