29 de maio

Ola a tod@s!! Teño un aviso. 

  
    Vedes que fago?
    Escribo. Si, a máquina, que estou nostálxica e non quero perder vellas habilidades.
   Escribo cartas. Para quen?
   Atent@s!
   Chegarán o luns.
   Algúns nenos e nenas van recibilas e outr@s non.
   Quen sera...?

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

28 de maio

Ola a tod@s!!
   Despois de tanto video... o rato e máis eu pensamos que xa vai sendo hora de volver ao papel. Ou non?

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

27 de maio

Esta galeguiña tan feitiña veu de Murcia. Dende que está con nós fíxose querer coma se levara aquí toda a vida.
Con ela pechamos o círculo desta celebración das Letras Galegas tan atípica, tan rara e diferente do que é habitual en nós; no fondo, tan especial.
Grazas, Ángela, por acordarte dos duros momentos que estamos a vivir e das persoas que puxeron o seu traballo ao servizo de toda a comunidade.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

26 de maio


   Se celebramos as Letras cada 17 de maio é porque Cantares gallegos é a primeira obra maestra da literatura galega contemporánea.
   Nesta edición tan especial non podía faltar o recitado dun dos seus poemas máis populares.
    Dende Rosalía ata Carballo Calero, 
feliz día das Letras!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

25 de maio


Para esta primavera que vivimos coma se fora, nin sequera outono, senón o máis cru inverno, estes versos tan nostálxicos...
En galego.
Continuamos celebrando o Día das Letras Galegas. Igual que todas as cousas importantes, merecen ser celebradas todos os días do ano. 
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

22 de maio

   


   Hoxe temos unha nova entrega das vosas colaboracións para a celebración do Día das Letras Galegas. O rato e máis eu estamos moi contentos pola vosa altísima participación, con traballos tan chulos, variados e interesantes.
   Grazas, nenas e nenos de Os Casais.

   Seguiremos!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

21 de maio

   Unha nova entrega das Letras Galegas! Este curso quedamos sen festa no bosque, pero celebrar, celebrámolas, vai que si!

 

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

20 de maio

Lecturas compartidas! Canto nos gustan! Pois, dende a distancia, tamén. Por que non?
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

19 de maio

... o neno salvou as letras,
con elas creou un conto.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

18 de maio

      Ola a tod@s!!
Aquí temos ao noso Ricardo Carballo Calero particular.

(Grazas, Antón)

Seguro que ao de verdad, se vivira, gustaríalle moito o video que preparei para hoxe.

É marabillo e esperanzador ver como aprenden a ler en galego @s pequerrech@s.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Día das Letras Galegas



Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

15 de maio

Quen é quen? Picade.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

14 de maio


    Picade. Imos xogar coas obras de Carballo Calero. Queredes?
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

13 de maio


      Picade. Hoxe atoparedes as actividades do
 Seminario Galán.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

12 de maio


Picade.
A Real Academia Galega ofrécenos a Primavera das letras para aprender e xogar con Ricardo Carballo Calero.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

11 de maio


Ola a tod@s!!
Queredes ler As pitas baixo a choiva?
Podedes facelo!
Grazas á editorial Embora e a Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística é posible acceder ao texto desta obra de Carballo Calero en versión dixital.
                                       http://aspitas.gal/
                                                                  Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

8 de maio

Ola a tod@s!!
Teremos que esperar a outubro para celebrar a nosa gran festa... pero ben podemos ir tendo presente a Carballo Calero, o autor ao que están dedicadas as Letras este ano, non?
Picade na imaxe.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

7 de maio



Ola a tod@s!!
   Que sí, xa sei que hoxe ainda é 7, e non 17... pero haberá que ir quentando motores, non?
   Así que, pensei que podedes ir facendo algúnha actividade entretida, non?
    Picade na imaxe, a ver que sae. E ídelle dando!!!
    
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

6 de maio

Ola a tod@s!!
Xa chegou O Papagaio!
 A que tedes moitas ganas de lelo!
Non vaides pensar que, por estar na casa, non ides ter a oportunidade de lelo.  
Coma sempre, trae contidos ben interesantes.
Poderedes atopalo na aula virtual.
Desfrutade!
E coidádevos moito!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

5 de maio

Ola a tod@s!!
   Estamos xa no mes de maio, o mes das Letras. Este ano, a nosa celebración no bosque non vai poder ser, sabédelo. De feito, a Real Academia Galega adiou o día ata o 31 de outubro.
   Ainda así, penso que é ben ir achegándonos a figura de Carballo Calero. Por iso, aquí vos deixo o video que as nenas e nenos de 5º de Primaria do Colexio San Pío X de Ourense realizaron, coa colaboración do Seminario Galán, e quixeron compartir con todos os centros nestas circuntanscias que nos tocan vivir e que nos afastan máis que nunca do noso alumnado. 
Moitas miañadiñas para el@s pola súa solidariedade!
Parabens polo traballo realizado!
Para vós, biquiños gatunos virtuais!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

4 de maio

Ola a tod@s!!
   Non sabemos si será en xuño ou haberá que esperar a setembro... pero ides volver. O rato e máis eu temos cada día máis ganas de que todos e todas esteades por aquí. Botámosvos tanto en falta!!!
   Lembrades que quedáramos en facer papaventos? Como vai? Eu xa teño o meu e non dubidedes de que estará colocado a entrada do cole cando volvades, sexa cando sexa.
   Gustaríame tanto colocar os vosos na árbore...

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes