Exposición de poesía: 5º e 6º

Ola a tod@s!!
Que vos decía? Veu a clase de 5º e 6º a ver os libros que preparamos as miñas axudantas e máis eu e, porque lles mandou a profe, que se non, alí quedaban toda a mañá, de tanto como lles gustaron.
Menos mal que caseque todos poderán levalos para ler na casa cando queiran, porque témolos nós.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Maleta Viaxeira: Poesía

Ola a tod@s!!
   Temos unha nova Maleta Viaxeira das Bibliotecas Escolares de Galicia. Así que, puxemos unha fermosa exposición de libros de poesía. 
   Non deixedes de pasar pola biblio! Veredes como vos encanta!
     O Rato Gordecho non para de recitar...

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Enrédate coas estacións

Ola a tod@s!!
Ás miñas lectoras e lectores favoritos todo tempo parécelles bo para coller un libro. Por iso están tan enredados coas estacións.
A primavera é perfecta para ler fóra, ou non?
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Nós tamén contamos

Ola a tod@s!!
 Eu son unha gata moi afortunada! Co que me gusta a lectura, vivo rodeada de libros e persoas lectoras. Que máis vou pedir! Nada (unicamente que o rato gordecho non sexa tan pesado, porque ... ás veces...).
  Este curso, ademáis, na Hora de Ler, tamén len as profes.
As profes, ou quen sexa. 
Lembrades o día no que veu "a mosca chosca"?
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Día do Libro 2019

Ola a tod@s!!
Esta semana estamos a celebrar o Día do Libro que, como sabedes é o 23 de abril.
Que sorte temos de contar con familias tan colaboradoras!
É un luxo poder ver dende o meu escondite canto desfrutan destas lecturas compartidas.
Un millón de grazas no nome de todo o cole de Os Casais, o noso cole, o voso cole.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Móvete

Ola a tod@s!!
   Hoxe estivo Ramón Molina, técnico educativo do Plan Proxecta Móvete, co alumnado de 4º, 5º e 6º. Veu facer un obradoiro sobre a solidariedade e o voluntariado.
   Aprendeulles moitas cousas, pero dixo que marchaba moi contento por tantas como sabían xa. E tamén do bos e participativos que son. Eu díxenlle: "ás veces..." (Se non fago así, rífame o Rato por ter unha venda por el@s...)
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Celtia Figueiras

Ola a tod@s!!
Mirade que ben acompañada estou!
Si, si. Nada menos que a mismísima Celtia Figueiras!
Veu á nosa biblio a contar contos.
Que ben o pasamos cos seus amigos: Rosi, o Gato con Botas, os tres porquiños e Lobo Feroz...
Foi fantástico!
Tanto ao rato coma a min xa nos gustaba un montón o libro-cd que fixo con Luis Vallecillo, Cantamos?, pero agora, cada vez que o quitemos do andel vainos recordar este día e... miau, miau!



Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Contacontos solidario

Ola a tod@s!!
Visitounos o gran cociñeiro Mourehammed Quechua. Veu contarnos fermosísimos contos solidarios: sobre o coidado do medio ambiente, sobre a paz, sobre a igualdade, sobre a solidariedade e o voluntariado...
Recibímolo moi ben: cantando tod@s xunt@s a canción do Móvete, que é o noso himno solidario. E, despois, na biblio, pasamos un rato superdivertido, cheo de maxia e sorpresas.
Se ata houbo declaracións de amor! 

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

SAME 2019

Ola a tod@s!!
O venres celebramos o acto da Campaña Mundial pola Educación; este ano dedicada á necesidade de coidar o medio ambiente e loitar contra o cambio climático que tantos problemas está dando xa.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Poesía e primavera

Ola a tod@s!!
Rematou marzo, pero quédanos a árbore de Mica chea de flores e poesía para lembrar que estamos na primavera (ainda que o rato se queixe todo o día deque chove máis que en xaneiro).

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Voluntari@s

Ola a tod@s!!
Non sei que ía facer eu se non me axudaran tanto...

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Exposición galiñas

Ola a tod@s!!
Non puxera ningunha foto da montaxe da exposición de galiñas. Tédela aquí:

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

LIX

Ola a tod@s!!
Hoxe, 2 de abril, é oDía Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.
Tod@s coñecedes perfectamente aquela famosa galiña de Carlos Casares, verdade? Pois que saibades que ven de cumplir nada menos que 50 anos!!! 
Ben merecía tal ocasión un recoñecemento por tantos bos momentos  que fixo  pasar (e fai e fará)  a diferentes xeracións de nenos e nenas.
Que fermoso conto, verdade?
Queredes escoitalo outra vez?

E, coma homenaxe, e coa axuda das  familias, as nenas e os nenos crearon as súas propias galiñas. Son azuis, claro.
Mirade que exposición tan chula.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes