Cine no Jofre

Ola a tod@s!!
 Onte, as nenas e nenos de 1º,2º,3º e 4º viaxaron ata Ferrol para asistir a unha sesión de cine no Teatro Jofre.
Encantoulles!
Mirade que caras de ilusión tiñan...
antes de ver a película!
Chegaron emocionadísim@s!
 O rato e máis eu ata pensamos que adiantaran as vacacións ao escoitar tanto entusiasmo como traían!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

O Apalpador

Ola a tod@s!!
A visita que tivemos este martes si que foi divertida!
Chegou o Apalpador!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

A luz das nenas

Ola a tod@s!!
Non queda nada para as vacacións. O rato, que é un lambón, está desexando que cheguen, porque di que vai comer turrón todos os días. Eu dígollo sempre: mira que eres gordecho por algo... Pero tanto lle ten! Alá el!
Pero non queremos pechar o cole sen lembrar, por última vez para este ano, a todos aqueles nenos, e moi especialmente a todas aquelas nenas (sabedes que elas o teñen moitísimo máis difícil) que non van ter vacacións escolares porque non pisan escola ningunha.
Que ninguén olvide coller a súa pegatina!

DEREITO Á EDUCACIÓN

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Do meu pensamento á túa ilusión

Ola a tod@s!!
Isto que é?, diredes. 
Pois é unha nova actividade que argallou Mica para agasallar con libros nestas festas.
As nenas e nenos maiores elixiron un libro para regalarlles @s pequen@s.
Queren que se fagan grandes lector@s, coma el@s son.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

V Certame Carmela Loureiro

Ola a tod@s!!
O alumnado de 5º e 6º participa este ano no V Certame literario Carmela Loureiro, organizado polo Concello de Ferrol e as Equipas de Normalización da Lingua Galega.

Moita sorte!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Presentación Piteas

Ola a tod@s!!
Sei que a maioría de vós sabédelo xa, porque moitos estabades alí. É que non me acordara de contarvos que o martes pasado veu Laura Adela Fernández. Un privilexio!
Explicoulles ás familias en que consiste o modelo SEM, que aplicamos no cole dende o curso pasado, e o Proxecto Piteas, no que acabamos de integrarnos para desenvolver este ano.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Grazas

Ola a tod@s!!
   Con que alegría recibiron á mamá de Dani na Hora de Ler!
    Estes momentos de lecturas compartidas non teñen prezo.
    

Moitísimas grazas!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Exposición

Ola a tod@s!!
 Faltábame amosarvos canto desfrutaron tamén as nenas e nenos de 3º e 4º cos libros da Maleta da Inclusión. 
 Foi unha sorte poder desfrutar estes días de tan boas lecturas. Pero non olvidedes que a maioría destes textos están na nosa biblio.
   E aqueles poucos que non, pronto chegarán, para que poidades lelos cando queirades.
     Palabra de gata.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Adopta un libro

Ola a tod@s!!
   Tamén hoxe, primeiro día lectivo do mes de decembro (aproveitando que a choiva estragou completamente o recreo), iniciamos a adopción de libros.  
   É esta unha actividade que levamos facendo varios anos. 


  Por que non darlles outra oportunidade a aqueles libros expurgados da biblio? Seguro que as persoas que os reciban poñeranse contentas por tan fermoso agasallo de parte dunhas nenas e nenos que están aprendendo a alegría de dar. Non todo vai ser pedir!!!
  E qué mellor que regalar libros! Digo eu, que para algo son unha gata bibliotecaria!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Familias lectoras

Ola a tod@s!!
   Hoxe, na clase de infantil, levaron unha sorpresa. Tiveron unha fermosa visita: a mamá de Lola veu compartir con el@s a Hora de Ler.
O rato e mais eu estamos moi agradecidos de contar coas nosas familias lectoras.
Graciñas.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes