Si, xa sei que teño moitas cousas atrasadas que ainda nos vos contei... Pero todo chegará, non desesperedes...
Hoxe o que vou facer é amosarvos outra vez o voso recitado cooperativo da obra de María Victoria Moreno E haberá tirón de orellas?, para que poidades velo tantas veces como queirades.
Quedouvos chulísimo! Encántame! Non deixedes de facelo máis veces, porque o rato e máis eu desfrutamos moito (e ata creo que se aledan os libros nos seus andeis).
Sodes uns/unhas artistaz@s!!!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ola a tod@s!! Levei unha boa sorpresa! Da gusto ver como, cando teñen que esperar, o primeiro que se lles ocorre é abrir un libro!
A cadela Malibú visita os coles de Educación Infantil e Primaria para ensinarlle aos nenos e as nenas a ser máis responsables, máis solidarios e a ter unha maior sensibilidade e respecto cara aos animais.
Xa temos o logo da nosa editorial Micasmil nun lugar destacado á entrada da biblioteca. O venres fixemos a inuguración. Grazas, Clara, por regalarnos a tod@s o teu debuxo.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ola a tod@s!!
Pero canto desfrutan @s peques cando lles veñen ler!
Quixemos, coma cada ano, deixar a nosa pegada no esforzo por defender a educación primaria universal, gratuita, inclusiva e de calidade, para todos os nenos e nenas do mundo. Pero, nesta ocasión, fixémolo literalmente. Deixamos a nosa pegada!
Sabemos que é unha cousa moi seria e importante, pero, ainda así, non poidemos evitar que fora tamén moi divertido,
Por fin o sol deixounos desfrutar dun dos clásicos da nosa biblioteca: "Lendo para ti". Non poido ser o 23 de abril, pero tanto ten, porque para nós todo abril é o Mes do Libro.