Cine no Jofre
Ola a tod@s!!
Onte, as nenas e nenos de 1º,2º,3º e 4º viaxaron ata Ferrol para asistir a unha sesión de cine no Teatro Jofre.
Encantoulles!
Mirade que caras de ilusión tiñan...
antes de ver a película!
Chegaron emocionadísim@s!
O rato e máis eu ata pensamos que adiantaran as vacacións ao escoitar tanto entusiasmo como traían!
Onte, as nenas e nenos de 1º,2º,3º e 4º viaxaron ata Ferrol para asistir a unha sesión de cine no Teatro Jofre.
Encantoulles!
Mirade que caras de ilusión tiñan...
antes de ver a película!
Chegaron emocionadísim@s!
O rato e máis eu ata pensamos que adiantaran as vacacións ao escoitar tanto entusiasmo como traían!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
O Apalpador
Ola a tod@s!!
A visita que tivemos este martes si que foi divertida!
Chegou o Apalpador!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
A luz das nenas
Ola a tod@s!!
Non queda nada para as vacacións. O rato, que é un lambón, está desexando que cheguen, porque di que vai comer turrón todos os días. Eu dígollo sempre: mira que eres gordecho por algo... Pero tanto lle ten! Alá el!
Pero non queremos pechar o cole sen lembrar, por última vez para este ano, a todos aqueles nenos, e moi especialmente a todas aquelas nenas (sabedes que elas o teñen moitísimo máis difícil) que non van ter vacacións escolares porque non pisan escola ningunha.
Que ninguén olvide coller a súa pegatina!
DEREITO Á EDUCACIÓN
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Do meu pensamento á túa ilusión
Ola a tod@s!!
Isto que é?, diredes.
Pois é unha nova actividade que argallou Mica para agasallar con libros nestas festas.
As nenas e nenos maiores elixiron un libro para regalarlles @s pequen@s.
Queren que se fagan grandes lector@s, coma el@s son.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
V Certame Carmela Loureiro
Ola a tod@s!!
O alumnado de 5º e 6º participa este ano no V Certame literario Carmela Loureiro, organizado polo Concello de Ferrol e as Equipas de Normalización da Lingua Galega.
Moita sorte!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Presentación Piteas
Ola a tod@s!!
Sei que a maioría de vós sabédelo xa, porque moitos estabades alí. É que non me acordara de contarvos que o martes pasado veu Laura Adela Fernández. Un privilexio!
Explicoulles ás familias en que consiste o modelo SEM, que aplicamos no cole dende o curso pasado, e o Proxecto Piteas, no que acabamos de integrarnos para desenvolver este ano.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Grazas
Ola a tod@s!!
Con que alegría recibiron á mamá de Dani na Hora de Ler!
Estes momentos de lecturas compartidas non teñen prezo.
Moitísimas grazas!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Exposición
Ola a tod@s!!
Faltábame amosarvos canto desfrutaron tamén as nenas e nenos de 3º e 4º cos libros da Maleta da Inclusión.
Foi unha sorte poder desfrutar estes días de tan boas lecturas. Pero non olvidedes que a maioría destes textos están na nosa biblio.
E aqueles poucos que non, pronto chegarán, para que poidades lelos cando queirades.
Palabra de gata.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Etiquetas:
dereitos da infancia,
dereitos humanos,
exposicións,
hora de ler,
maletas viaxeiras
Adopta un libro
Ola a tod@s!!
Tamén hoxe, primeiro día lectivo do mes de decembro (aproveitando que a choiva estragou completamente o recreo), iniciamos a adopción de libros.
É esta unha actividade que levamos facendo varios anos.
Por que non darlles outra oportunidade a aqueles libros expurgados da biblio? Seguro que as persoas que os reciban poñeranse contentas por tan fermoso agasallo de parte dunhas nenas e nenos que están aprendendo a alegría de dar. Non todo vai ser pedir!!!
E qué mellor que regalar libros! Digo eu, que para algo son unha gata bibliotecaria!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Etiquetas:
actividades,
Nadal,
voluntariado
Familias lectoras
Ola a tod@s!!
Hoxe, na clase de infantil, levaron unha sorpresa. Tiveron unha fermosa visita: a mamá de Lola veu compartir con el@s a Hora de Ler.
O rato e mais eu estamos moi agradecidos de contar coas nosas familias lectoras.
Graciñas.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Etiquetas:
Apadriñamentos,
hora de ler,
mamás e papás lectores
25-N
Ola a tod@s!!
O venres celebramos un pequeno acto de rexeitamento da violencia. Aqueles e aquelas que son os homes e mulleres dun futuro non moi lonxano din NON á violencia de xénero.
Son a nosa esperanza.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
1º e 2º coa Inclusión
Ola a tod@s!!
Pensaba o rato que ás nenas e aos nenos dos cursos máis baixos non lles ía gustar tanto como aos maiores a nosa exposición. Que equivocado estaba! Xa o sabía eu...
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Etiquetas:
dereitos da infancia,
dereitos humanos,
exposicións,
inclusión,
maletas viaxeiras
Obradoiro da Violencia
Ola a tod@s!!
Desgraciadamente, cada 25-N temos que lembrar esa terrible lacra social que é a violencia de xénero. A educación é o medio mais eficaz para que as cousas muden. Por iso, acollimos na nosa biblioteca un obradoiro. Foi organizado polo Concello de Fene, en colaboración coa Deputación.
Resultou moi interesante e participaron con entusiasmo. Pero esperamos que chegue pronto o día que todo isto resulte totalmente innecesario.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
5º e 6º coa Inclusión
Ola a tod@s!!
Que vos dicía? Sabía que estes libros ían gustar moito, moitísimo.... Ainda así, levei unha boa sorpresa, vendo o extraordinario interese que despertan.
Alégrome un montón.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Maleta da inclusión
Ola a tod@s!!
O rato e mais eu preparamos unha pequena exposición de libros magníficos prestados polo CFR de Ferrol.
Sabemos que os ides desfrutar moito.
Xa veredes!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Etiquetas:
CFR,
exposicións,
inclusión,
maletas viaxeiras
Enrédate...
Ola a tod@s!!
Todos os momentos son bos para ler. Vale calquera tempo, ou non?
Nós cremos que si; por iso andamos "enredados coas estacións".
Todos os momentos son bos para ler. Vale calquera tempo, ou non?
Nós cremos que si; por iso andamos "enredados coas estacións".
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
DEREITOS DA INFANCIA
Ola a tod@s!!
O luns, como celebración do Día dos Dereitos da Infancia, realizamos unha divertida dinámica para comprobar o indispensables que somos todas e todos a hora de realizar calquera dos retos que afrontemos. Non é xusto excluir unha das metades do mundo.
Nós participamos en igualdade.
Queremos que todas as nenas teñan a mesma oportunidade.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Etiquetas:
actividades,
dereitos da infancia,
murais
Presentación TEI
Ola a tod@s!!
Como vos dicía o outro día, o venres celebramos o acto de presentación do programa TEI deste curso. As nenas e nenos que van ser titor@s este ano asinaron cadanseu compromiso e recibiron os diplomas e carnés correpondentes.
Aquí vos deixo unhas fotografías.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ola a tod@s!!
Tamén o venres 16 recibimos a nosa querida Asociación Betula (sempre dispostos a colaborar). Nesta ocasión non falaron dos ríos, senón do noso patrimonio.
O 16 de Novembro é o Día do Patrimonio. Por iso faláronos de castros, petroglifos, monumentos, paisaxes naturais... Faláronos do inxente patrimonio cultural galego, material e inmaterial, que debemos coñecer, valorar, coidar e transmitir.
Grazas por ofrecernos unha charla tan interesante!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ola a tod@s!!
Cando se achegaba a Semana da Tradición Oral todas as nenas e nenos do cole estaban desexando que chegara o día en que lles viñeran ler.
Non sabedes canto os emociona recibir a mamás, papás, avoas e padriños lectores.
Non hai máis que vel@s!
Cando se achegaba a Semana da Tradición Oral todas as nenas e nenos do cole estaban desexando que chegara o día en que lles viñeran ler.
Non sabedes canto os emociona recibir a mamás, papás, avoas e padriños lectores.
Non hai máis que vel@s!
MOITÍSIMAS GRAZAS A TODAS!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ola a tod@s!!
Houbo un día moi especial. Foi o que compartimos coas avoas de Fene. Leváronos facer un roteiro por camiños que case non andamos (porque pasamos a vida en coche) e visitamos lugares moi interesantes do noso pobo.
Queremos repetir!
Moitas grazas a todas!!!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Etiquetas:
actividades,
Escola dos avós,
Fene,
solidariedade,
voluntariado
Ola a tod@s!!
Tamén iniciamos xa a actividade Somos contacontos, na que as alumnas e os alumnos de 5º e 6º van ler, de forma voluntaria, á clase de Infantil.
Podedes ver a Yago totalmente entregado ao seu papel. Non me digades que non se nota canto están desfrutando dese momento compartido.
Ronroneos e miañadiñas
Tamén iniciamos xa a actividade Somos contacontos, na que as alumnas e os alumnos de 5º e 6º van ler, de forma voluntaria, á clase de Infantil.
Podedes ver a Yago totalmente entregado ao seu papel. Non me digades que non se nota canto están desfrutando dese momento compartido.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Etiquetas:
Apadriñamentos,
Contacontos,
contos,
hora de ler,
solidariedade,
terceiro ciclo,
voluntariado
Ola a tod@s!!
No tempo do Samaín as nenas e os nenos de 5º e 6º prepararon unha actividade de lectura para os máis pequenos. Estase a convertir nun clásico da nosa biblio.
Encántalles!
Non vedes case nada, verdade?
El@s tampouco. E da moito medo...
(Se fóran gatas coma min non terían ese problema)
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Etiquetas:
Apadriñamentos,
hora de ler,
medo,
Samaín,
solidariedade,
voluntariado
Ola a tod@s!!
Este ano adicámoslle o Samaín ao finado Xabier P. Docampo, autor que nos deixou obras fermosísimas inspiradas na máis xenuina tradición oral galega.
"Cando petan na porta pola noite"
foi Premio Nacional de Literatura.
Ronroneos e miañadiñas
"Cando petan na porta pola noite"
foi Premio Nacional de Literatura.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Etiquetas:
exposicións,
medo,
Samaín,
Xabier P. Docampo
Ola a tod@s!!
Non pensaredes que este ano non temos voluntari@s de biblioteca! Temos, temos... E están traballando arreo!
Non pensaredes que este ano non temos voluntari@s de biblioteca! Temos, temos... E están traballando arreo!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Etiquetas:
CDU,
solidariedade,
voluntariado
Ola a tod@s!!

O 24 de outubro é o Día das Bibliotecas. Nós extendemos esta celebración a todo o mes.
Como andamos investigando sobre os animais e o xénero literario a destacar este ano é a poesía, e, por riba, a principio de curso cómpre sempre repasar a CDU, fixemos unha fantástica actividade que titulamos:
Animaladas en verso
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Etiquetas:
CDU,
exposicións,
Mes da Biblioteca Escolar,
poesía
Ola a tod@s!!
Igual pensabades que non estaba polo cole, porque como non asomaba por aquí... Non, non é iso. Andar, ando;pero subo, baixo, agóchome en canto recuncho hai e dou tantas voltas que nin tempo tiven de vir saudar.
Acabouse!
Agora mesmo cóntovos algunhas cousiñas que fixeron os nosos nenos e nenas dende que volveron. Non todas, que de seguro algunhas delas quedarán.
Perdoade que non o fixera antes!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Despedida
Ola a tod@s!!
Que mellor forma de rematar o ano que agradecendo o esforzo compartido!
Despedimos este curso coa entrega de diplomas d@s voluntari@s da biblioteca.
Non é nada fácil perder os recreos (fútbol incluído) e dedicar ese tempo en beneficio do ben común. Pero aí estiveron.
Son uns campións. Son unhas campionas.
Grazas Jaime, Yago, Breixo, Miriam, Noa, Jennis, Vanesa, Andrea e Clara. O rato máis eu (e as miñas axudantas, tamén) valoran enormemente todo o traballo que levades feito.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
A nosa muiñeira
Ola a tod@s!!
Queredes ver o ben que bailaron a muiñeira o Día das Letras? Bueno... digo que bailaron ben, e bailar, bailar, bailaron caseque todos, pero había por aí algunha profe que máis ben facía que bailaba. Debeu de perder as chaves ou algo así, porque non sei que andaba a buscar mirando polo chan. Estas profes é o que teñen, andan ao seu (non sei se non rabuñala un pouco en canto apareza pola biblioteca).
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Pintando como Leandro
Ola a tod@s!!
Aquí vos deixo unha imaxe da última exposición deste curso. Estivemos aprendendo a pintar como Leandro Lamas. Claro está que non o conseguimos, pero saíron obras ben chulas.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Letras Galegas 2018
Ola a tod@s!!
Por fin temos xa o video-resumo da celebración do Día das Letras Galegas para que todas aquelas persoas que non puideron acompañarnos en tan fermoso evento compartan con nós a alegría de ver de novo canto o desfrutamos.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Maios
Ola a tod@s!!
Hoxe fumos celebrar os maios cos nosos amigos do Pote. Ano tras ano organizan para nós esta celebración tradicional galega, cousa que moito lles agradacemos.
Desta vez, eu estou encantada (coma sempre), porque vexo que nunca, nunca, vos esquecedes de min.
Milleiros de ronroneos florais
e moreas de miañadiñas
primaverais.
e moreas de miañadiñas
primaverais.
Mica Bigotes
Seguimos a ser contacontos
Ola a tod@s!!

Ronroneos e miañadiñas

Damos por rematada a actividade "Somos contacontos" para este curso 2017-18 que, pasiño a pasiño camiña cara ao seu final.
Desfrutaron moito dela tod@s, tanto grandes coma pequen@s.
(Eu tamén)
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Etiquetas:
actividades,
Apadriñamentos,
Contacontos,
contos,
hora de ler
Mª Victoria Moreno
Ola a tod@s!!
Si, xa sei que teño moitas cousas atrasadas que ainda nos vos contei... Pero todo chegará, non desesperedes...
Hoxe o que vou facer é amosarvos outra vez o voso recitado cooperativo da obra de María Victoria Moreno E haberá tirón de orellas?, para que poidades velo tantas veces como queirades.
Quedouvos chulísimo! Encántame! Non deixedes de facelo máis veces, porque o rato e máis eu desfrutamos moito (e ata creo que se aledan os libros nos seus andeis).
Sodes uns/unhas artistaz@s!!!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Educando con Malibú
Ola a tod@s!!
A cadela Malibú visita os coles de Educación Infantil e Primaria para ensinarlle aos nenos e as nenas a ser máis responsables, máis solidarios e a ter unha maior sensibilidade e respecto cara aos animais.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Etiquetas:
charlas,
medioambiente,
solidariedade
Exposición
Ola a tod@s!!
Visitamos a exposición de Beatriz Seijo na Casa da Cultura de Fene.
Visitamos a exposición de Beatriz Seijo na Casa da Cultura de Fene.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Micasmil
Ola a tod@s!!
Xa temos o logo da nosa editorial Micasmil nun lugar destacado á entrada da biblioteca. O venres fixemos a inuguración.
Grazas, Clara, por regalarnos a tod@s o teu debuxo.
Xa temos o logo da nosa editorial Micasmil nun lugar destacado á entrada da biblioteca. O venres fixemos a inuguración.
Grazas, Clara, por regalarnos a tod@s o teu debuxo.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Grazas, Sandra
Ola a tod@s!!
Continuamos recibindo papás e mamás que veñen compartir lecturas con nós.
Moitas grazas, Sandra, por regalarnos o teu tempo e tan fermosos momentos.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Deixa a túa pegada
Ola a tod@s!!
Quixemos, coma cada ano, deixar a nosa pegada no esforzo por defender a educación primaria universal, gratuita, inclusiva e de calidade, para todos os nenos e nenas do mundo. Pero, nesta ocasión, fixémolo literalmente. Deixamos a nosa pegada!
Sabemos que é unha cousa moi seria e importante, pero, ainda así, non poidemos evitar que fora tamén moi divertido,
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)