Despedida

Ola a tod@s!!
Despedimos o presente curso 2016-17 presentando ás familias o PDI deste ano, no que tanto traballamos e co que tanto aprendimos.
Podedes ver canto fixemos na wiki do proxecto que aparece na pestana superior. Aquí vos deixo un exemplo:




Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Teatro con G

Ola a tod@s!!
O día 1 de xuño actuamos no teatro Jofre de Ferrol!
Representamos a obra de Chus Pereiro "Mamasiña, que medo!


Non sei como a profe Maribel da feito con tantas cousas como ten! É maravillosa! E que decir de vós? Artistaz@s!
Vaia un traballo de equipo! De verdade que emocionádesme cada vez que vos vexo subid@s a un escenario. Sei ben o traballo que hai detrás, os nervios, as pequenas liortas, os atrancos...
Pero o resultado... compensa. Vai que si?

 Grazas a María e a Noelia polos seus espectaculares decorados e o seu apoio incondicional.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ola a tod@s!!
Son unha gata feliz!
   Este ano o día das Letras dedicámolo a un dos meus autores favoritos, quen, por certo, tiña un gato co que pasei momentos maravillosos nos máis diversos lugares. Si, Samuel, tal era o nome do gato persa de Carlos Casares. Fíxose popular porque apareceu moitas veces na columna periodística "A marxe" que o seu dono escribía.
   Ademáis a celebración do cole foi especial: no exterior, coma unha gran cerimonia (con alfombra vermella e todo), con música en vivo, co bosque cheo de cor, coas familias e as nosas profes-mamás invitadas, cos vosos estupendos traballos expostos, con flores...
Como non ser unha gata feliz!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Microrrelatos + Creación artística

Ola a tod@s!!
   Como se achega a celebración do Día das Letras 2017, o Concello convoca o VII Concurso de Microrrelatos e o IV Certame de Creación Artística "En galego? É o noso!".
   Outro ano máis aí estaremos nós, participando cos nosos traballos.
   A ver se conseguimos tanto éxito coma en edicións anteriores!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Esqueletes!

Ola a tod@s!!
Vaia exposición máis chula que tivemos na biblio!!!
Veu visitarnos Alicia Ester Serantes e trouxo unha morea de cousas interesantísimas. Canto o desfrutamos!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Conto colaborativo

Ola a tod@s!!
@s nen@s de Educación Infantil tamén este ano, igual que os anteriores, axudáronme a escribir un conto. 
 Decidiron que tiña que falar das árbores. Como non, co que están a aprender do noso bosque! 
 E fixeron todo a través do meu correo electrónico. Se é que est@s pequerrech@s son nativos dixitais! (Ben, non sei se isto existe, eu penso que teñen que aprender como todo o mundo...)
 Desfrutaron moito e quedoulles ben bonito.

Tedes un exemplar en papel na biblio, xunto cos outros feitos por @s que agora sodes maiores cando estabades en EI: o dos detectives, o dos piratas, o do mar...
 Podedes lelos cando queirades. (Se non os ten collidos o rato gordecho, claro, que é moi aficionado a eles).
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Lector@s invitad@s

Ola a tod@s!!
Qué sorte temos coas nosas familias!
Nas ocasións especiais sempre contamos con invitad@s maravillos@s que están dispost@s a vir ler para nós. Non son moitas as persoas que se achegan, certo; pero cánto llelo agradecemos. É algo que desfrutamos de maneira especial.
Grazas!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Apadriñamentos Lectores

Ola a tod@s!!
   Cómo nos gustan @s apa-amadriñamentos lectores!
 Este ano, se sempre o facemos, con maior placer desfrutamos da lectura baixo as árbores.


 Qué fermoso temos o bosque! 

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Día da árbore

Ola a tod@s!!
Con ocasión do Día da árbore recibimos na nosa biblioteca un invitado moi especial: Anxo Moure. 
O rato e máis eu pasámolo estupendamente. As súas sesións de animación á lectura parécennos fantásticas.
 Penso que a vós tamén vos gustou, verdade? Non podedes negalo, mirade que cariñas...
Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

As nosas mulleres

Ola a tod@s!!
 
Este ano quixemos tamén reivindicar a importancia das mulleres da nosa vida, esas mulleres que no día a día fan de nós quen somos, esas mulleres que son IMPRESCINDIBLES.  


 Ben merecen unha homenaxe!!!

Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Fene lendo mulleres

Ola a tod@s!!
Un clásico: Fene lendo mulleres. Non podiamos faltar nós no XVI Maratón de lectura "Fene lendo mulleres", que abre os actos do 8 de marzo.
Durante toda a mañá, na biblioteca municipal o alumnado de Fene ponlle voz a textos sobre a igualdade entre homes e mulleres.
Estes textos son previamente traballados nas aulas, claro. 


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Wangari Maathai

Ola a tod@s!!
   E, xa que o outro día falabamos de que marzo é o mes no que  non deixamos de lado ás mulleres (eu non o fago nunca e vós xa sei que tampouco, pero pasa cada cousa polo mundo adiante...), direi que @s nen@s de 5º e 6º incorporaron ao seu cartafol "Mulleres para lembrar" a Wangari Maathai, "a muller árbore".


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Mes da poesía

Ola a tod@s!!
   Marzo é o mes da poesía. Por iso tivemos a nosa pequena exposición na biblio. As obras son todas de autoras femininas. Marzo é tamén o mes dedicado de maneira especial á muller.
 E tamén aprendimos a facer poemas, da man de Ana María Fernández.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Concurso Escolar Paz e Cooperación

Ola a tod@s!!
   Este curso, por primeira vez, participamos no Concurso Escolar Paz e Cooperación, que é un premio internacional convocado por Nacións Unidas para concienciar ás novas xeneracións sobre temas sociais de ámbito mundial.
   O debuxo tiña que ser colectivo. O tema, o personaxe de Don Quixote.
Gustounos moito traballar tod@s xunt@s!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes