Día da Prensa na Escola

Ola a tod@s!!
   Este ano no Día da Prensa quixemos destacar o xornal infantil O papagaio, que recibimos na nosa biblioteca dende o número 1.

   E como actividade, o alumnado de 5º e 6º pasou ao galego a portada dun xornal do día do seu nacemento.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Concurso GÁLIX

Ola a tod@s!!
    Como ben sabedes, o día 2 de abril celébrase en todo o mundo o Día Internacional do Libro Infantil para conmemorar o nacemento de Hans Christian Andersen.
   Como todos os anos, nós participamos no concurso que convoca GÁLIX. 
   Neste curso levaba por título "Andersen hoxe". 

Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Centenario de Pondal

Ola a tod@s!!
   O 8 de marzo de 1917 morreu na Coruña Eduardo Pondal, o autor do fermoso poema que é a letra do noso himno.
   Con ocasión deste IV Centenario quixemos lembrar de maneira especial a "Os pinos":
 
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Entroido das Artes

Ola a tod@s!!
   Acabamos de estar de festa!!!
   A Biblioteca é territorio das Artes, verdade? Xa o sabedes.
   E tamén sabedes que no noso cole, todo é biblioteca, non?
   Pois que millor cousa que o noso Entroido fóra tamén das Artes: cadros, pintor@s, escritor@s, cantantes, bailarinas, personaxes de libros, do cinema...
   Foi fantástico!!!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Exposición poesía

Ola a tod@s!!
   Chegou o mes de marzo, mes da poesía. Así que, escollín algúns libros para que estean ben a man. Mais podedes rebuscar nos andeis... sabedes que teño outros moitos...
Eu, coma o gato de Fran Alonso, son unha gata poeta!!! 
   Fixen un recanto especial para Gloria Fuertes. Neste ano celébrase o centenario do seu nacemento. Penso que é xa tempo de darlle o recoñecemento que como poeta merece e que, en certa medida, foille negado en vida, pode que  polo feito de escribir (se ben non en galego) fundamentalmente poesía infantil. 
 
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes