Día de Rosalía 2017

Ola a tod@s!!
Para conmemorar a data de nacemento da gran Rosalía, a Asociación de Escritores en Lingua Galega, propuxo a actividade  RosalíaTe. Tal como vimos facendo fai anos, participamos nela.
Aquí podedes vernos ben "rosaliados":
Pero neste gran día participaron todas as nosas familias. E, antes de nada, "rosaliamonos" na casa.



 Despois tocou desfrutar na nosa biblio dos tan fermosísimos versos como nos deixou. Tivemos a sorte de que algúns papás, mamás, padriños... viñeran ler con nós.
Canto desfrutamos! Non sabedes o que nos gusta que estedes con nós e compartades o traballo que facemos!

Mais non ían participar so os maiores, non? Que levabamos xa tempo traballando sobre a autora e queriamos amosar o maravillosos que nos parecen os seus poemas!

E, como non, tamén fixemos a pertinente ofrenda "floral" que ben merece.

 Por si todo o anterior fora pouco (que non foi) o alumnado de 5º e 6º quixo homenaxeala rapeando o coñecido poema Adiós ríos, adiós fontes.



Foi un día fantástico! O rato e mais eu (pese a estar agochados) desfrutamos moitísimo. Temos un lugar privilexiado dende o que se ve todo e se escoita todo.
Moitas grazas!
Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Candeloria

Ola a tod@s!!
Andando o tempo chegou, por fin, a Candeloria; ese tempo no que "casan" os paxaros e revive a Natureza. Tempo no que cantar ao amor, aos amores;son tantos os que temos! Ou non?
Eu si, dende logo. Son unha namorada dos libros, mais tamén das artes, do mar, do universo enteiro, da xente, dos pobos... e das árbores.
E a vós? Gustanvos as árbores?
 Parece que si, eh?
E vexo que desfrutastes cos libros de amor que vos deixei separados...
 
  Non podía deixar pasar esta data sen facer unha selección de libros de amor... 
   É importante aprender que, ás veces, temos unha idea moi equivocada do que o amor é. 
   Coma sempre, todo, todo, está nos libros.


 
 
 
 
 
 
    
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Lúa do Senegal

Ola a tod@s!!
   As nenas e nenos de 6º escolleron o primeiro capítulo de Lúa do Senegal para compartilo con nós. É un texto ben fermoso, evocador e intimista, cargado de contido e sentimento. Vale a pena escoitalo.
   Non o perdades!
 
 Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ola a tod@s!!
Queredes ver en video o ben que o fixeron?
Foi un bonito acto. Xa veredes como vos gusta.



Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

A árbore de Agustín Fernández Paz

Ola a tod@s!!
Prometín colgar algunha fotografía do acto que celebramos o día 25 e aquí as tedes:

 
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes