Ola a tod@s!! A semana pasada foi o 178º aniversario do nacemento de Rosalía en Santiago de Compostela. Por iso hoxe nos reunimos na Biblio a escoitar e ler as súas fermosas poesías. Primeiro vimos o vídeo que gravamos entre todos hai uns días. Despois, tivemos a sorte de que tres super-mamás viñeran a lernos poemas da autora.
Máis tarde, o alumnado fixo un recital de poesía que nos deixou a min e ao rato coa boca aberta.
E para rematar tod@s levamos de agasallo flores de tódalas cores para celebrar que Rosalía está "sempre viva"