Ósos, non só no Samaín

Ola a tod@s!!


Hoxe, co gaio do "mes da biblioteca escolar"  e o seu lema "ler ciencia na escola" tivemos a grandísima sorte de que nos viñera a visitar Alicia Ester Serantes, Doctora en ciruxía veterinaria e profe na facultade de veterinaria de León. 




Coma o Samaín está moi perto, trouxonos obxectos...de medo?? Casi, casi: a biblio encheuse de esqueletes e osos de todo tipo de animais, e estívonos explicando por que os cabalos teñen só unha deda ou por que os machos de moitas especies "presumen" cos seus cornos e outros adornos. 



O caso é que ao final non pasamos ningún medo, pero si un bo rato e temos que agradecerllo moito, moitísimo!!



Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Mes da Biblioteca Escolar

Ola a tod@s!

Por fin abrimos a biblio e temos xa as mochilas preparadísimas para viaxar ata as vosas casas. O Rato estaba contentísimo, metíase dentro das mochilas, argallaba nos libros, volvía saír...tanto que case queda pechado dentro dunha delas!! Imaxinádevos que vos aparece na casa!


Como xa sabedes, en outubro estamos de celebración, porque é o mes das bibliotecas escolares, o lema deste ano é "ler ciencia na biblioteca escolar". Aquí tendes o cartel deste ano ilustrado por Patricia Castelao (se queredes saber máis facede clic to cartel ou no nome de Patricia). Así que, tócanos investigar e recordar un pouquiño, a próxima vez que vaias á biblioteca, fíxate ben en que recuncho están os libros de ciencias: bioloxía, zooloxía, botánica...Aínda que xa sabemos que estes libros vos gustan moito. 

Para celebrar este mes o rato e máis eu temos sorpresas "estelares", non vos despistedes!!!
Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes