Outubro - Mes das bibliotecas escolares: O Tesouro do Gato Farrapo

Ola a tod@s!

Que emocionante foi o pasado xoves 25 de outubro!!!! Non vos podedes imaxinar que aventura vivimos na biblio ese día!!

Descubrimos que o Gato Farrapo, un vello amigo pirata, deixara escondidas na biblio as pistas para atopar un tesouro!!! 

Os aguerridos piratas de 3º e 4º pasaron unhas probas durísimas para dar coas pezas do mapa, que estaban moi ben agochadas nos libros, e tiveron que ter moito tino e  estar caladiños, para que o archienimigo "Gato Barbudo" non atopase o tesouro antes ca nós, iso foi un pouco difícil...pero por fin, foron quen de montar o mapa e descubrir onde estaba o cofre do tesouro.

E sabedes que había dentro? Moedas de ouro ...recheas de chocolate!! Estes valentes piratas deixáronnos unha parte do botín ao Rato Gordecho e a min, podémosvos dicir que estaban boísimas!!!! 

Aquí tendes as fotos dos piratas da biblio:


Click to play this Smilebox
slideshow
Create your own slideshow - Powered
by Smilebox
Free photo slideshow personalized with Smilebox

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Samaín

Ola a tod@s!!

A biblio está chea de serpes, arañas, pantasmas e monstros!!!! Tranquil@s! Non necesitamos axuda, é que o Samaín chegou á biblio, como non, en forma de libro.

Rato Gordecho e máis eu pensamos que para enfrentarse ao medo hai que coñecelo, así que estivemos pescudando todo o que había que saber sobre esqueletes, vampiros e zombies nesa colección tan chula que se chama "O baúl dos monstros". E cando envolvemos ben o pescozo con allos investigamos sobre seres máis autóctonos con "Lapadoiras, Sacauntos e Cocón". Que medo!!!

Tamén botamos unha ollada a outros países, en "Scary tales" varios nen@s do cole contannos contos terroríficos en inglés, hai que estar preparad@s para todo!!

Así que, xa sabedes, a informarse ben, non digades que non vos avisamos. Por certo, recordade que se dades con un libro-mostro coma o de Harry Potter hai que ser agarimoso e rascarlle un pouco o lombo para que vos deixe ler o que queirades...Antes de que vos coma unha man!!!

Que pensades, teñirei o pelo de negro para ir acorde coa ocasión?




Miañadiñas e ronroneos para pasar menos medo...

Mica  Bigotes