Microtoponimia

Ola a tod@s!!
  Dende o primeiro día, 8 de xaneiro de 2026, a nosa biblio está chea de vida. Este primeiro día do segundo trimestre recibimos a Enrique Sanfiz, de Radio Fene, quen nos veu falar sobre a microtoponimia. Vai ser este un dos proxectos que imos desenvolver nestes primeiros meses do ano.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Recomendacións de lectura

Ola a tod@s!!
  Para esas cartas que levan unha dirección máxica...

                                                                    Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Cine

Ola a tod@s!!
   Este curso argallamos unha nova actividade para despedir o trimestre: unha sesión de cine, a séptima arte. Un achegamento á gran pantalla é unha experiencia cultural que a cativada non debe perder: estimula a imaxinación e a creatividade ao tempo que favorece a aprendizaxe, tanto emocional como social.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

No Nadal, adopta un libro

Ola a tod@s!!
   Como ven sendo tradicional, para estas vacacións que temos ás portas, daremos un libro en adopción. É un lote deses libros perdidos que esperan unha última oportunidade. Pode que algúns consigan atopar lectores e lectoras que os queiran e  os traten co cariño que eles esperan. 

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Trubincos

Ola a tod@s!!
   Chega o Nadal e xa andan por aquí os Trubincos, eses trasnos que brincan por aquí e acolá mareándonos cada día. Si, si; este curso, para facerlle compaña ao Apalpador, chegaron Sefita e Severino. Para que imos querer elfos americanos, se temos trasnos de noso? E, por riba, saíronnos ben bos; disque fan falcatruadas pola noite, pero estes de Os Casais, ao máis que chegan e a andarse cambiando de sitio cada día. Sonche un amor! Miau!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes