Candeloria

Ola a tod@s!!
Xa é o tempo de casar os paxariños!!!
Corre o tempo e, en nada, teremos aquí a primavera (se lle cadra, porque este ano o tempo anda un pouquichiño tolo). Así que, nós como si chegara: a celebrar o amor.
Hai cousa máis fermosa?
Pois veña, a participar!!!
Aquí vos deixo o material.

 Ronroneos mimosos.
Miañadiñas cariñosas
Mica Bigotes

Homenaxe a Agustín Fernández Paz

Ola a tod@s!!
Que fermosa homenaxe a que lle fixeron os nosos nenos e as nosas nenas ao benquerido Agustín Fernández Paz.
Dende o meu recanto non perdín nin unha soa das palabras que tan ben souberon expresar. Non sabedes canto desfrutei eu e canto traballaron eles!!! Tiñamos un milladoiro coas pedras "tuneadas", follas naturais con frases de Agustín, follas de córes colgadas da árbore, unha exposición coas súas obras...
Foi magnífico!!!
Irei amosando fotografías, para que vexades que non o soñei, pero é que andan espalladas por aí. Direille ás miñas axudantas que as consigan, porque eu (xa sabedes) non quero que me vexan, que son unha gata tímida.


 
 
 

 
 

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Novo amigo

Dende hoxe temos un novo amigo na biblio. É un canciño; un can de garda que se vai ocupar dos chaleques d@s voluntari@s. Sabedes que a min gústame ter todo ordenado e colocadiño no seu sitio, como ten que ser; pero preciso tanta axuda... Así que, aquí está el.
Non sei como se chama, pregunteille, pero nada, non da nin chío. Será por que é de madeira?
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

E seguimos...

Ola a tod@s!!
Todo o mundo sabe tan ben a parte do texto que lle correspondeu que non imos perder a oportunidade de desfrutalo conxuntamente nun pequeno recital que estamos a preparar.
Morro de ganas de que chegue o día, agocharme onde ninguén me vexa (detrás dun libro, seguramente) e escoitar aos meus queridos lectores e lectoras.
Aplaudirei baixiño para que ninguén me descubra!

Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

E tod@s foron persoas-libro

Ola a tod@s!!
Non pensedes que foron só as nenas e os nenos de 1º os que homenaxearon a Agustín Fernández Paz. Diso nada! 
Cada alumno, cada alumna, aprendeu cadanseu fragmento e amosou polas aulas a fermosura das obras deste tan querido autor. 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Persoas-libro

Ola a tod@s!!
Empezamos a nosa andaina das persoas-libro, con fragmentos de textos de Agustín Fernández Paz . Foron @s de 1º @s que tiveron a sorte de iniciala. Qué ben o fixeron!!!
Estou encantada!!!

 



Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Agustín Fernández Paz

Ola a tod@s!!
Agustín Fernández Paz, autor vilalbés que tantas e tan fermosas obras escribiu para as nenas e os nenos galegos (e para o resto, claro, cando as traducen), faleceu no ano que rematou hai nada.
Tan querido escritor, que andou durante moitos anos pola nosa bisbarra, onde foi mestre, ben merece unha homenaxe.
Por iso o alumnado de 5º e 6º está traballando co hashtag #SempreAgustín.
 

Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

O noso bosque

Ola a tod@s!!
Canta compañía tiven hoxe!!! Ninguén sabía onde estaba eu agochada, pero eu si que vin a tod@s. Quería pedirlles axuda para investigar sobre as árbores que temos no patio do colexio. Penso que han de responder moi ben, igual que fixeron o curso pasado co Proxecto sobre o concello de Fene, no que tanto traballaron.
Dende aquí quero tamén pedir colaboración ás familias. Igual que en anos anteriores, a vosa participación será de gran axuda para o desenvolvemento deste novo proxecto que iniciamos na biblioteca. 

 

Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Escola de avós

Ola a tod@s!!
   Xa chegou xaneiro!  
   E imos xa nada menos que polo día 11!
  Hoxe recibimos á Escola de Avós de Fene, que veu compartir connosco coñecementos e vivencias de seu. Presentaron a publicación "A chegada da electricidade" do proxecto Construíndo pontes.

   Fixeron unha exposición do seu traballo  e realizaron dinámicas participativas referidas á luz e a electricidade, os medios de comunicación e os electrodomésticos.
   Na última parte mostrouse o resultado da participación do alumnado dos programas "Espazos compartidos" e "Suma e segue"


 
 
 
 
 
Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes